Ven, 04 Mar 2016, 9:32
Asunto: Re: Trailgalaica Concello Sanxenxo 20/3
Bós días a tod@s.
Como ven di o noso amigo
XoseM o concepto "Trail" cada un levao onde os seus gustos e preferencias lle indican. Está claro que o pasado trail de Ames non tiña practicamente asfalto (apenas uns metros). Pero cumpría coa definición de Trail perfectamente.
O que compre explicar, e que dentro de Trail Galaica haberá un pouco de todo. Agora mesmo estamos ante Trails que non teñen practicamente altitude, e se o pensades ben, sacar 1200 metros de desnivel acumulado na proba de Ames, cando o pico máis alto do Concello apenas rebasa os 350 metros, non e fácil. O Trail non consite en facer 20, 30 ou 40 km sin tocar unha pista, iso é imposible, agora ben, cando vaiamos a Concellos como Muros, A Pobra, Boborás, ou mesmo Noia e Sober, as dificutades orográficas son moito maiores, co cal os desniveis van a variar e a dificultade técnica tamén.
Esto está comenzando, e nós tentamos dar cabida a tod@s, quizais ao que lle gusten os "Ultra" lle parece escaso, e o que se está iniciando lle parecen un inferno ... todo depende desde o punto de vista que o mires.
Todavía quedan moitas probas por chegar e moitas sorpresas. Vaiamos paso a paso ... Gracias por todo amig@s.