Xov, 10 Mar 2016, 9:24
Asunto: Re: Triatlon de Oleiros
Bos días:
Copio e pego da web do Concello.
"Calendario de inscrición ( datas orientativas ) • Do mércores 9 de marzo ás 10:00 horas ata o domingo 20 de marzo, abrirase o prazo de preinscrición na web municipal do Concello de Oleiros
www.oleiros.org, Concellería de Deportes. É necesario achegar os seguintes datos: nome, apelidos, NIF, data de nacemento, categoría, teléfono, enderezo electrónico, enderezo postal (rúa, número, piso, código postal, municipio, provincia), tamaño de camiseta e nome do club ou no seu caso, non federado. • O 21 de marzo a partir das 12:00 h publicarase a listaxe de persoas preinscritas, na web municipal. • O 22 de marzo ás 12:00 h farase un sorteo público na Fábrica, no caso de haber máis solicitantes que prazas (resolverase por sorteo de letra). O 23 de marzo publicarase a listaxe provisional na web municipal. • Do 1 ao 7 de abril (inclusive) será o prazo de pagamento. Os/as 200 agraciados/as no sorteo recibirán un correo electrónico cos pasos a seguir. As persoas non federadas para facer a licenza dun día deberán achegar ademais a copia do DNI. O custo orientativo da inscrición para todos os participantes é de 15 euros. Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do prezo público.
Saúdos.