Dom, 13 Mar 2016, 19:27
Asunto: Re: II Trail de Compostela 21KM -13 de Marzo-
Grazas a todos/as (voluntari@s, participantes e patrocinadores e colaboradores), pronto faremos valoracións máis pausadas co que foi esta nova edición da proba.
O da sinalización, a pesar de revisar o circuíto ata ás 2:30 da mañá e logo a primeira hora antes de empezar, detectamos que desapareceran marcas en cruces (sinais verticais e algunha cinta de corte), e poñer xente nunhas 50 zonas contabilizadas... imposible para un club pequeno coma o noso. Ademais, tratamos de priorizar a vixiancia nos puntos coincidentes co tráfico de vehículos, pola vosa seguridade (que non foi fácil).
Finalmente, e persoalmente, non volverei tolerar o menosprezo dalgunha persoa participante polo traballo feito coa marcación (sabendo os erros que puidera haber ou a imprevista "sabotaxe"). Valorei a descalificación da mesma (amparado no regulamento da carreira), pero non quixen porque entendo que a xente vén a mil revolucións. Iso si, daremos parte á FGA do feito, xa que de volverse repetir podería ser motivo obxectivo para a revogación da licencia federativa de posuíla, ou, se non, o impedimento da súa participación en calquera proba FGA.
Con todo, e deixando isto na anécdota, nos quedaremos co positivo e que tivemos un día inmellorable para darlle unhas voltas ao Pedroso