Mar, 15 Mar 2016, 13:00
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/20
O pasado sábado, dado o bonito día de sol, fomos a revisar unha parte do percorrido do trail longo.
Despois de traballalo coas ferramentas tecnolóxicas de hoxe en día tocou facer o traballo de campo para ver se o que atopábamos correspondíase cos datos virtuais.
A verdade é que quedamos bastante contentos e deixamos aquí unha pequena mostra para que vos fagades unha idea do que agarda os participantes mais atrevidos.
Sobre o papel, e a falta de revisar dous ou tres tramos, o percorrido longo terá unha distancia de 25-26 kms.
Seguiremos traballando os próximos fins de semana para pechar o percorrido canto antes.