Mér, 02 Mar 2016, 9:07
Asunto: Re: Maratón de París 2016 (3-4-2016)
Ola,
Imos tratar de tocar os puntos do primeiro enlace, tras experiencia do ano pasado en París:
1.- Colas longas ao recoller o dorsal, normal nunha maratón con tanta xente. Pero eu fun o venres, e non tiven que agardar en ningún momento. Supoño que o sábado a cousa cambia.
2. Polución. Non na miña experiencia.
3. Ritmo lento ao comezar. Pois nada máis lonxe da realidade. No caixón de 3.30 non agardamos tanto tempo. Moi ben organizada a saída en olas, xa che din especificamente cando che toca a ti. Con este sistema tamén corres moito mellor ao principio, sen molestar ou ser molestado por outros ritmos. Saída rápida.
4. Que mellor que poder mexar ao carón dunha tenda de Prada nos Campos Elíseos? Será a única vez que non che multen :P. Ademáis, en todos os caixóns hai numerosos mexódromos, supoño que será peor para as mulleres.
5. Hai pouco empedrado, moi pouco, e concentrado na saída, se non lembro mal.
6. Ambiente. Non podo estar máis en desacordo! Home, non estiven en NY ou London, pero espectacular a animación (da organización e da xente)
7. Obviamente, é un privilexio correr ao carón de Notre Dame, Eiffel, Louvre...
8. Os grandes parques. É certo que son a parte menos agradecida da maratón, con menos animación, e sobre todo o último, despois do muro, cando os walking dead aparecen...
9. Os tramposos. Pois si, hainos, fun testemuña. Supoño que os pasos de control os detectarán. En todo caso, non é o meu problema...
10. Xa o comentei no punto 8. O que menos gracia me fixo foi o cartel e o speaker, no km30, que xa che avisaban (as túas pernas non son suficiente sinal) que a partir dese momento comezaba o calvario (the wall!!!).
En resume, espectacular maratón. Non sei como foi Berlín, pero París ben vale unha maratón!