Foros ›
II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/2016)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Ven, 04 Mar 2016, 21:58
Asunto: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/2016)

Dende a Asociación ACDR Pedramar vimos abrir este fío neste medio para anunciar o II Trail Encontro Monte Pindo.




Proba que se desenrolará o vindeiro sábado 9 de xullo a partires das 16:00 horas.




Como novidades para este ano respecto a primeira edición diremos que:

- Elimínase a distancia de 6,5 kms.
- A categoría de parellas pasará a percorrer 14 kms.
- A parte do trail de 14 km haberá un trail mais longo, cuio percorrido estamos a pechar nestas semanas. Este percorrido longo subirá a Laxe da Moa (punto mais alto do Monte Pindo).
- Créase a categoría Veterana Feminina II para igualar as categorías coas masculinas.




O longo destes días colgaremos mais información neste fío. Tamén podedes consultar o Facebook creado para o evento.

Rematamos de colgar no calendario a proba. Estamos a espera da aprobación dos Administradores do Foro para que todo o mundo o poidades visualizar.

¡Ide adestrando!

XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Sáb, 05 Mar 2016, 7:03
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/20

Aplauso


dios! qué envidia da ver aos corredores así despelotados/as e morenitas/os con ese sol e calor... nun día coma o de hoxe Chorando Demo sorrindo

gracias pola info Guiño

-- Chámame "ghose"
Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 05 Mar 2016, 10:30
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/2016)

Menuda nova!!
e recuperando a subida a Moa como no Galicia Maxica
go go go!!
Fuejoooooo carallo!!!!
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Mar, 15 Mar 2016, 13:00
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/20

O pasado sábado, dado o bonito día de sol, fomos a revisar unha parte do percorrido do trail longo.




Despois de traballalo coas ferramentas tecnolóxicas de hoxe en día tocou facer o traballo de campo para ver se o que atopábamos correspondíase cos datos virtuais.




A verdade é que quedamos bastante contentos e deixamos aquí unha pequena mostra para que vos fagades unha idea do que agarda os participantes mais atrevidos.




Sobre o papel, e a falta de revisar dous ou tres tramos, o percorrido longo terá unha distancia de 25-26 kms.




Seguiremos traballando os próximos fins de semana para pechar o percorrido canto antes.



Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 15 Mar 2016, 20:18
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/2016)

E ver as fotos e xa empezan as pernas e emocionarse!!
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Mar, 22 Mar 2016, 12:28
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/20

Xa vos podemos adiantar o boceto do que será o trail longo. A falta de concretar uns detalles isto que vos mostramos será o percorrido base.

Percorrido esixente cunha distancia que ronda os 25 kms e un desnivel positivo de 1260 m.














Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 24 Mar 2016, 18:25
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/2016)

Hola
polo que vexo a diferencia do GMTA, vamos do chan das lamas, pasamos cerca da aldea turística e conectamos co Fieiro e despois en vez de subir pola ruta de Peñafiel, xa subimos pola ruta habitual a Moa, correcto?
A min personalmente gustame máis porque o vexo algo máis corrible (ainda que en calquera sitio do Pindo pa correr...)
Preparade os isquios para a baixada da Moa a meta
5 kms e 600 negativos. ...... buuuuuuuu
Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 24 Mar 2016, 18:34
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/2016)

Hola
polo que vexo a diferencia do GMTA, vamos do chan das lamas, pasamos cerca da aldea turística e conectamos co Fieiro e despois en vez de subir pola ruta de Peñafiel, xa subimos pola ruta habitual a Moa, correcto?
A min personalmente gustame máis porque o vexo algo máis corrible (ainda que en calquera sitio do Pindo pa correr...)
Preparade os isquios para a baixada da Moa a meta
5 kms e 600 negativos. ...... buuuuuuuu
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Xov, 24 Mar 2016, 23:15
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/2016)

Boas noites Lemacial.

Vas ben encamiñado en todo o que dís. Ainda que igual inda modificamos algún tramo. Pero o percorrido base do trail longo é o que comentas.

Imos ver se somos quen de pechalo canto antes e xa informamos.

Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 25 Mar 2016, 10:50
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/2016)

acdrpedramar escribió:
Boas noites Lemacial.

Vas ben encamiñado en todo o que dís. Ainda que igual inda modificamos algún tramo. Pero o percorrido base do trail longo é o que comentas.

Imos ver se somos quen de pechalo canto antes e xa informamos.
Boas
ai tempo!! e se vai ser así está perfecto!!
Continuar co trail do Pindo xa e de por sí unha alegria para os todos os corredores.
O lugar e único, esperade unha morea se corredores!
Saudos
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Mér, 30 Mar 2016, 18:41
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/2016)

O pasado venres voltamos o monte para seguir unindo tramos do percorrido do trail longo.


Xa podemos adiantar que imos polo bó camiño e que pensamos que vai quedar un trail longo ben interesante. Nel iredes atoparvos cos cambios de paisaxe e vexetación, así como de dificultade.


Só falta revisar un último tramo para dar o percorrido por pechado, publicar toda a información e abrir as inscripcións.


¡Ide adestrando, que o 9 de xullo está as portas!

acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Lun, 04 Abr 2016, 10:37
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/2016)

Detrás da organización dun evento nun entorno natural tamén hai moito traballo burocrático.

Toca preparar e presentar unha serie de documentación.

Non todo é subir o monte e traballar os percorridos. Tamén toca sentarse diante dun ordenador e darlle as teclas.

Labor menos gratificante pero necesaria.



acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Xov, 14 Abr 2016, 12:04
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/2016)

Unha vez presentada a documentación necesaria para a celebración da proba tocou seguir ultimando o percorrido longo.




Xa podemos informar que houbo fumata blanca e xa temos o percorrido totalmente pechado.




Toca preparar toda a información precisa para abrir inscripcións o antes posible.




En breve datos técnicos de todos os percorridos.



Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 16 Abr 2016, 21:39
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/2016)

Falta menos!!!!!
Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 16 Abr 2016, 21:41
Asunto: Re: II Trail Encontro Monte Pindo (O Pindo-Carnota, 09/07/2016)

Falta menos!!!!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos