Ven, 18 Mar 2016, 21:45
Asunto: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira)
Veñenme as lágrimas aos ollos e choro coma un meniño só de pensar nesta proba... Canta emoción!!
Esta vai ser xa a cuarta edición desta proba e é unha das pioneiras no país onde hai moitos corredores destas distancias e, sen embargo, poucas probas.
Participei tódolos anos, dun ou outro xeito, correndo ou colaborando coa tropa de Arousa NeO, encabezabados por Manolo e Edu, e de todas quédomo coa de 2.013 que foi a primeira e foi onde me desvirxei e dende aquela convertinme nun adicto... neste tipo de distancias. Recoñezo que a proba está ano tras ano indo a máis e o seu encanto radica, á parte dos típicos e tópicos: beleza dos paisaxes, boa sinalización, magnífica organización..., está en que non busca o máis difícil "todavía" senon que tén un pouco de todo (subidas duras, pistas, sendeiros, baixadas técnicas...
Para min esta proba é a auténtica UT(M)B - ULTRA TRAIL MONTES DO BARBANZA porque me fai máis ilusión participar nela que no Ultra Trail do Mont Blanc... os que levamos nesto dende antes da "febre" traileira non precisamos para ser recoñecidos colocar "muescas" no revolver a modo de participación ou resultados en grandes probas, o único que precisamos e desfrutar do monte e onde vou desfrutar máis que na Serra da Barbanza que me viron nacer como corredor de montuno alá polo 2006 formando parte do Equipo Penedos e do CarBarbanza. Aquelas "quedadas" coa xente de Vigo do CAR Marisqueiro e coa xente de Santiago (Lentoperosejuro, Aficionado, Marola...) por Mosquete, Vitres, Curota, Chans...foron os xermes, sen dúbida, desta proba.
Pero voume deixar de sentimentalismos e de recordos porque me estou convertindo xa nun vello que non para de contar "batallitas" duns tempos pasados que non teñen porque ser nin mellores nin peores senon diferentes.
O importante é que o próximo 30 de abril en Santa Uxía de Ribeira temos Trail do bo. Dúas distancias:
- 60 kms e 2.700 metros de desnivel positivo que saíra do Centro de Ribeira. Gran acerto por moitos motivos: comodidade, ambiente, público, servizos... aplaudo a iniciativa. O percorrido será practicamente o mesmo do ano pasado co enlace na saída e no regreso que hai que facer ata enlazar en Moldes o que provoca que aumente o d+.
30 kms e 1500 metros de desnivel positivos que saíra tamén do Centro de Ribeira e que tamén compartirá parte do percorrido coa proba do ano pasado pero con algunha variación máis.
Non me dá chegado o intre de que estes liantes de Arousa NeO colguen toda a información da proba:
- Perfil
- Regulamento
- ...
Aproveito o foro para felicitalos polo traballo que están facendo estes anos na difusión deste deporte coa organización desinteresada de multitude de pro as entre elas a UT(M)B sen esquecernos das Trail Series, Andaina da Chuvia,...
Espero vervos a todos o día 1 na liña de saída.