Mar, 08 Mar 2016, 16:54
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA TREVINCA-A VEIGA-
A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que se celebrará o 3 de abril no Concello da Veiga.
Ourense, 8 de marzo de 2016.- O I Trail e Andaina Trevinca-A Veiga no que se disputará o II Campionato de Galicia de Trail celebrarase o 3 de abril no concello da Veiga. O acto de presentación deste evento tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial onde estivo presente a deputada provincial de Turismo, Ana Villarino, o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde do concello da Veiga, Juan Anta; e o director técnico e o delegado da Delegación valdeorresa de Atletismo, Agustín González Ruiz e Manuel Rodríguez Teijeiro, respectivamente.
A Deputación de Ourense colabora con esta proba deportiva pois o ente provincial "entende como un binomio inseparable turismo e deporte, entendemos que promocionar unha actividade deportiva deste tipo como é un trail e unha andaina van sempre da man co turismo porque aquelas persoas que asistan a estas probas van a ser nun futuro prescriptores de A Veiga, neste caso, porque unha vez que visiten esta localidade van a ver o seu entorno natural, as súas montañas, e outros atractivos turísticos".
Esta primeira edición do trail e andaina Trevinca-A Veiga contempla "no regulamento dous tipos de trail: un trail longo que é o campionato galego para xente máis experimentada de 21 quilómetros e un trail curto para persoas que non teñen esa experiencia para complementar que non é o campionato galego, sería o trail da Veiga de 15 quilómetros e, a andaina cunha distancia de 13 quilómetros", explicou Agustín González.
Juan Anta destacou que esa variedade de distancias (13, 15 ou 21 quilómetros) "en función da dificultade que cada un queira ter, implica que todo o mundo poida participar sen ningún problema, transcorrerá por camiños, pistas, montes, é dicir, será moi variado e seguro que todo o mundo o desfruta moito".