Foros ›
TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
PicoMuralla

Novo foreiro
Novo foreiro
7/04/16
0 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Abr 2016, 12:35
Asunto: TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO

Boas tardes!
O vindeiro domingo 24 celebrarase no concello de Rianxo o TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA.

Deixamosvos o regulamento da proba para que vos vaiades familiarizando.
e animamosvos a participar na categoría de parellas.

Donde podedes inscribiros? Na páxina de EME Sports emesports.es/event/tra...de-rianxo/ ata o día 21 as 23:59 horas



Artigo 1.
A Asociación Barbantia Roda e o Concello de Rianxo organizan a primeira edición
do TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO,
coa finalidade de promocionar esta modalidade deportiva e fomentar hábitos vida
saudables.
A proba non é federada.
Artigo 2.
A proba celebrarase o 24 de abril, domingo, sendo a saída da categoría absoluta ás
11 h. A distancia é de 6 km. cun desnivel acumulado de 530 m.
Artigo 3. Sedes e Programa
Sede 1.
Área Recreativa de Campo Maneiro (Taragoña) e pavillón Municipal.
 9 h. Entrega de dorsais e vestiarios.
 10:15 h. Traslado aos corredores á sede 2.
 Fin da proba (13 h. aprox):
Vestiarios, duchas, avituallamento final e entrega de trofeos
Sede 2.
Lugar da Hermida (Araño)
 11 h. Saída da proba
Sede 3.
Alto do Pico Muralla (Araño)
 Chegada e traslado á sede 1 ao remate da proba.
Artigo 4. Participación e categorías
Poderán participar todos aqueles corredores/as que así o desexen e para poder
optar a algún dos premios, será condición indispensable ter rematado a carreira.
As categorías serán as seguintes:
 Promesa 1996 – 1995 – 1994
 Sénior 1993 - 1972
 Veteranos 1971 e anteriores.
 Parella mixta Categoría única. A partir de 1996
 Parella feminina Categoría única. A partir de 1996
 Parella masculina Categoría única . A partir de 1996

Artigo 5. Inscricións
Prazo:
Ata o xoves 21 de abril de 2016 ás 24 h. Non se aceptarán inscricións fora de prazo
ou con datos incompletos.
Onde:
emesports.es,
Prezo:
6 € nas categorías promesa, sénior e veteranos.
Límite prazas: Non se establece límite de prazas.
Artigo 6. Clasificación e trofeos
As reclamacións ós resultados oficiais da carreira, deberán formularse verbalmente
á Organización , non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co
Regulamento da RFEA en vigor para cada caso. A participación implica a total
aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu
obrigado cumprimento.
Serán motivo de descualificación:
 Correr co dorsal doutra persoa.
 Non estar inscrito na proba e participar na mesma.
 Realizar a inscrición alterando os datos
 Non atender as indicacións da organización.
 Manifestarse con conduta antideportiva e/ou contra o medio.
Recibirán trofeo :
1. Os tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
2. O primeiro e primeira corredor/a local.
3. O corredor e corredora mais veteranos.
Artigo 7. Servizos
Servizo de gardarroupa
Pavillón polideportivo Municipal de Taragoña
Vestiarios e Duchas
Pavillón polideportivo Municipal de Taragoña
Publicación Resultados
emesports.es
concelloderianxo.gal
Artigo 8. Información
Mais información ou calquera dúbida relacionada coa organización da proba
poderán chamar aos teléfonos 629869217 e 679817015.
Artigo 9. Outras consideracións
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos
atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais
ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas
carreiras.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se devolverá
o importe da inscrición.


Última edición por PicoMuralla o Ven, 08 Abr 2016, 7:30; editado 1 vez
Josekioto

Maratoniano
Maratoniano
29/12/12
0 Carreiras
321 Mensaxes
BOIRO
Respostar citando Envío Xov, 07 Abr 2016, 19:31
Asunto: Re: TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO

hay que animarse ....prueba novedosa y vistas espectaculares !!!!!!!!!
PicoMuralla

Novo foreiro
Novo foreiro
7/04/16
0 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Abr 2016, 17:43
Asunto: Re: TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO

Boa tarde!!!
Aínda nos vos decidistes a participar? Para que non teñades dúbidas, convidámosvos a que veñades a coñecer Pico Muralla, o punto máis alto e setentrional do Concello de Rianxo, a 678 metros de altura, onde en días claros pódese observar a totalidade da Ría de Arousa, tanto a costa norte como a sur...as Rías de Muros e Noia a de Pontevedra e Santiago de Compostela
Non digades que as vistas non merecen o esforzo!!!

ESPERAMOSVOS!!!!
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Lun, 11 Abr 2016, 9:24
Asunto: Re: TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE

Boas: Podedes publicar o track do percorrido?.
PicoMuralla

Novo foreiro
Novo foreiro
7/04/16
0 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Abr 2016, 11:53
Asunto: Re: TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE

castiñeiras escribió:
Boas: Podedes publicar o track do percorrido?.

Boas tardes Castiñeiras, mañá publicaremos o track e o perfil do percorrido, despois da presentación.

Un saúdo
PicoMuralla

Novo foreiro
Novo foreiro
7/04/16
0 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Abr 2016, 11:56
Asunto: Re: TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO

Queremos convidarvos a tod@s ó acto de presentación do "TRAIL 500 VERTICAIS PICO MURALLA" que se celebrará mañá martes no salón de plenos do Concello de Rianxo ás 17:00 horas, no que estarán presentes:

- Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde do Concello de Rianxo
- Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deportes
- Manuel Gómez Villanustre, Presidente da As. Barbantia Roda

E os atletas da Asociación Barbantia Roda
- Juan Carlos Rodríguez Torres
- Alexis Buig Fernández
- Lara Buig Fernández
PicoMuralla

Novo foreiro
Novo foreiro
7/04/16
0 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 13 Abr 2016, 16:28
Asunto: Re: TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO

Deixámosvos a entrevista de esta mañá na COPE ó presidente de Barbantia Roda, Manuel Gómez, que poderedes escoitar a través do noso perfil de facebook.

www.facebook.com/Trail...229753469/
PicoMuralla

Novo foreiro
Novo foreiro
7/04/16
0 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 14 Abr 2016, 13:53
Asunto: Re: TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO

5270 metros cun desnivel de 535... o día 24 esperámosvos no Pico Muralla Concello de Rianxo

www.facebook.com/Trail...229753469/
PicoMuralla

Novo foreiro
Novo foreiro
7/04/16
0 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 15 Abr 2016, 13:17
Asunto: Re: TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO

Boa tarde!!
Xa podedes descargar o track da proba a través da páxina do Concello de Rianxo , aquí vos deixamos o enlace e unha imaxe do perfil.



concelloderianxo.gal/d...-de-rianxo

www.facebook.com/17052...=3&theater
PicoMuralla

Novo foreiro
Novo foreiro
7/04/16
0 Carreiras
8 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Abr 2016, 11:27
Asunto: Re: TRAIL 500 VERTICAIS RIANXO PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO

Aínda non estades inscritos???
Adolfo Muíños Sánchez (Alcalde de Rianxo)
Xusto Ordóñez (Concelleiro de Deportes)
Manuel Gómez Villanustre (Presidente da Asociación Barbantia Roda) e os atletas da Asociación Barbantia Roda, os que vos animan e convidan a participar no Trail 500 verticais Pico Muralla Concello de Rianxo
Non vos perdades as tomas falsas!!!

www.facebook.com/Trail...229753469/

emesports.es/event/tra...de-rianxo/





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos