Dom, 10 Abr 2016, 18:59
Asunto: Re: MediaSan do Camiño 2016 [10 Abril]
Noraboa aos 397 valientes que nos puxemos na liña de saida, e por suposto a organización, voluntarios e demáis xente que colaborou na carreira, que vaia día paparon.
Choiva, moito frío e algo de vento, ademáis da dureza do percorrido polas costas, tivémoslle que sumar o enlamado que estaba o terreo, había que ter coidado de non esvarar e procurar buscar o mellor sitio para transitar.
Pero ao final menos 3 todos chegamos a Meta no Obradoiro.
Eu creo que esta edición foi máis dura que o ano anterior en canto a percorrido tal e como pronosticaban varios foreiros e tal como comentaron a distancia tamén se desviou cara arriba, a min doume 21,600 xustos, polo que podemos dala por máis que homologada en canto a mts. percorridos
Eu non sei que me pasou hoxe (3/4Kgs de máis teño), pero nas costas duras, quedábame cravado, doume moito traballo coronalas.
Pero ao final 2'15" menos que o ano pasado, o cal non me ten moita referncia, xa que daquela estaba recén saido dunha lesión.