Mér, 13 Abr 2016, 16:22
Asunto: Re: XXVII MARATÓN POPULAR OUBIÑA - CAMBADOS 24/04/216 11:30
dani77 escribió: |
sen ánimo de molestar pero unha carreira de 10km non é un maratón |
Ola,
Efectivamente, é unha forma de chamarlle ás carreiras populares que antes era bastante usada.
Pensemos que cando non había tanto boom por isto do correr, e non había tantas probas, non soía diferenciarse o nome das carreiras en función da distancia ou de outros criterios como se fai agora. Popular, circuito, media, maratón, trail,... son termos que aparecen agora en todos os nomes/carteles/webs das carreiras, pero que antes non tiñan moito sentido pois a variedade non era tanta, e polo tanto usábanse os termos "carreira" e "maratón" indistintamente, e sen ter en conta a distancia, o tipo de terreno, etc.
As probas que perviven con esas denominacións (e hai moitas máis que esa en Galicia: o de San Antón, por exemplo non está moi lonxe desta), poden levar a error como di o compañeiro porque non serían "sobre distancia maratón" (poderían ser de menos kilometraxe... ou de máis, pois hai "maratóns" de 45, de 48,...), pero tampouco podemos acusalas de usar mal o termo xa que si o están usando con propiedade ó referirse a unha proba de resistencia (non se podería empregar, por exemplo, para unha proba de 100m.l.). Deixovos a definición da RAE por si queredes
ver "unha fonte fiable".
Por certo, eu tampouco son veciño do lugar, nin da organización. Simplemente quería aclaralo.
Un saúdo.
www.sportgumby.blogspot.com