Lun, 02 Mai 2016, 21:43
Asunto: Re: MEDIA MARATON GIJÓN (30/04)
Moi boa a carreira do sábado, tivemos un día para min demasiado caluroso, e se lle añadimos que non se me da ben correr polas tarde, o resultado podíase esperar malo.
Cheguei con tempo ao lugar de saida, quentei un pouquiño, falei con algúns compañeiros de Galicia, había un bo número. E decicín colocarme no caixón que estimaba acorde (non había ningún tipo de control, pero o "speaker" recalcouno varias veces, que nos puxeramos ben situados)., así que me puxen ao final de todo do caixón de ata 1h30', tardei 19" en pasar pola alfombrilla, e correndo bastante atascado o 1º Km. o cal pasei en 4'23". O 2º e 3º xa os fixen en 4'11 e ao pouco xa me colle un dos globos de 1h30' seguido por unha morea de corredores (o outro o levou Abel Antón rematando e 1h28'), o cal levaba un ritmo máis alto, dubido si seguilo ou non, así que me deixo a cola dese gran grupo, non vou cómodo e estou esperando con ansía o avituallamento do km5, pero ca morea de xente que levaba diante que se frenou non fun quen de abastecerme, como hai bo rollo, vanse pasando as botellas polo que todos bebemos.
Seguimos a un bo ritmo, aproveitando que é un circuito moi bo, o único problema, que nalgúns xiros e estreitamentos hai que ter coidado de non tropezar cos de diante. Km7,5 esponxas para refrescarse.
Eu dende hai un bo rato vou uns segundos por detras do grupo para evitar ter que correr tan concentrado.
O km10 o paso en 42'08 neto, levamos un bo colchón de segundos, un pouco máis adiante esta o seguinte avituallamento, polo que gaño posicións para coller auga, pero non sei que pasou aqui, que todo o grupo se desperdigou, polo que me volvín a encontrar solo e diante, así que decidín seguir para diante, e así fun ata despois do km12 no que había unha das peores subidas (non era para tanto), pero empecei a afundirme, e fun collido e sobrepasado polo globo, escapándoseme uns mts. o grupo, ahí casi tiro a toalla, pero decidín forzarme un pouco e estiven facendo a goma ata o Km. 16, no que xa se me foi o grupo, o curioso era que eu tampouco pinchara, seguía sobre 4'14 por GPS, polo que non estaban tan lonxe de min. Nin iba tan mal xa que non me adiantaba xente, máis ben ao contrario. Ao paso polo 18 comprobo que vou a 4'11 outra vez, forzando un pouco a máquina neses Kms.
No km. 19 me colle un compañeiro de Noia, e fago ese Km. en 4'09, ainda que non o dou seguido e de ahí a meta a un ritmo similar. Facendo os derradeiros 420 mts. polo GPS. a 3'50", xa que me dou 21'420"mts. distancia habitual nas homologadas.
Facendo un neto de 1h29`07. Bastante contento, pero fastidiado, xa que de non perder tanto na saida e no 1ºKm. daría baixado de 1h29, que é o obxetivo deste ano en media.
Estos son os parciais meus, nos que se aprecia que fun caseque toda a carreira ao mesmo ritmo.
04:13 / km 00:42:27 00:42:08 10000m
04:14 / km 01:03:38 01:03:19 15000m
04:14 / km 01:29:26 01:29:07 21097m
Un saudo e a prepara a seguinte media, que será un nº redondo o [b]100