Ven, 18 Mar 2016, 0:31 Asunto: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
Estimados amig@s.
O 24 de abril terá lugar no Concello de Teo unha nova edición da carreira pedestre da Batalla de Cacheiras.
Nesta edición o Concello desexa recuperar o contexto histórico do que foi a Batalla de Cacheiras e recuperar o trazado desta tradicional carreira que rematará no alto de Montouto.
Aquí tendes unha reseña histórica do acontecemento:
Esta ruta da Batalla de Cacheiras conmema os acontecementos sucedidos o 23 de Abril de 1846. A mesma discorre polos camiños por onde as tropas do xeneral de La Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo.
Unha ruta lineal que comeza ó pé da reitoral de Bamonde e remata no cumio de Montouto. Foi sinalizada polo Concello que editou tamén un tríptico elaborado pola empresa Trivium que podedes descargar dende a web municipal.
En breve vós facilitaremos máis información, e nuns días abriremos as inscricións.
Gracias
BatalladeCacheiras
Novo foreiro
17/03/16
14 Carreiras
8 Mensaxes
Mar, 05 Abr 2016, 8:25 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
Bós días tod@s!
Xa tendes a inscrición da proba aberta no seguinte link:
Animádevos, este ano a carreira daraselle un toque moi histórico ...
Kurty
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3764 Mensaxes
Lun, 11 Abr 2016, 18:31 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
O ano pasado participei nesta carreira, e gustoume moito, xa que alternaba asfalto con pistas de terra para unha distancia de 11Kms. máis ou menos.
Entrei na páxina da inscripción, e pon que a distancia son 9 Kms, está ese dato correcto?
FleKy
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Lun, 11 Abr 2016, 20:42 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
Kurty este ano e outro percorrido distinto.
Saese de Bahamonde e chegarase no Alto de Montouto You´ll never run alone
copasdeyate
Foreiro infantil
3/09/09
0 Carreiras
119 Mensaxes
Lun, 11 Abr 2016, 21:12 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
Resúltame interesante esta carreira, diferente. Haberá que estar atentos...pero teño idea de participar.
karibou
Maratoniano
3/10/13
1123 Carreiras
276 Mensaxes
Bertamiráns
Lun, 11 Abr 2016, 22:39 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
Bamonde - Montouto é unha cronoescalada! Pena que sexa a semana despois da C42, senón sería da partida, que ademáis sae da mina aldea. O que esté dubidando que se anime!
Kurty
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3764 Mensaxes
Mar, 12 Abr 2016, 15:02 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
karibou escribió:
Bamonde - Montouto é unha cronoescalada! Pena que sexa a semana despois da C42, senón sería da partida, que ademáis sae da mina aldea. O que esté dubidando que se anime!
Grazas aos que informastedes.
Case que non vou ser da partida, se ten moita subida me borro, xa que ultimamente machácanme as subidas.
Noutra ocasión será.
derek
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Ven, 15 Abr 2016, 10:40 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
Pois eu estou apuntado e serei da partida. Encántame as carreiras que son diferentes e est ten un toque especial.
Deixovos por aquí o track da rua dos adultos. Vai haber algunha sorpresa segundo me dixeron:
Vémonos o 24!! El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
ivanno
Maratoniano
14/12/08
139 Carreiras
887 Mensaxes
Ven, 15 Abr 2016, 12:23 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
Boas,
Onde está exactamente o alto de Montouto? Vexo que queda máis ou menos enfronte da gasolineira de Cacheiras pero non o ubico ben.
Vaia track por certo...uf
derek
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Ven, 15 Abr 2016, 12:34 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
Correcto ivanno, alí mesmo, ao pasar a gasolinera do alto de Montouto colles a ezquerda e xa chegas a ese sitio.
Apertas El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
catajose
Novo foreiro
29/02/16
0 Carreiras
2 Mensaxes
Ven, 15 Abr 2016, 17:40 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
Buenas tardes, yo vivo en Montouto y llevo realizando esta carrera un par de años, tengo que reconocer que el nuevo itinerario es muy interesante, sino fuera por la incomodidad logistica, me refiero que no coincidan la salida y la llegada, y tengas que echar mano de los colegas para que te lleven al punto de salida.
Torby
Foreiro Xuvenil
10/11/09
207 Carreiras
229 Mensaxes
Conxo - Coira
Ven, 15 Abr 2016, 19:30 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
Pues lee el reglamento y ya verás como no hace falta avisar a los colegas.
JacoboDC
Foreiro Senior
10/06/13
65 Carreiras
704 Mensaxes
Teo
Sáb, 16 Abr 2016, 18:48 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
Normalmente toda carreira ten un regulamento, que se debería de leer. Neste en concreto, din que os participantes serán trasladados en autobús ata a liña de saída, co que non fai falla botar man de ninguén...Só son 4 minutos leelo.
gefreiter
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4355 Mensaxes
Santiago
Mar, 19 Abr 2016, 19:01 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
¿No va a ser incluida en el circuito?
gefreiter
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4355 Mensaxes
Santiago
Mar, 19 Abr 2016, 19:03 Asunto: Re: Carreira Batalla de Cacheiras 24/04
Acabo de ver que sí. Es que en el calendario general no salía, sí en el listado de carreras del circuito.
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos