Foros ›
XIX Carreira Popular Concello de Arteixo (1/5/2016)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
mardofra

Organización
Organización
14/09/11
0 Carreiras
60 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Abr 2016, 11:09
Asunto: XIX Carreira Popular Concello de Arteixo (1/5/2016)

Hola a todos. En vindeiros días publicarase o reglamento definitivo con algún fleco pendente de solucionar. Por ahora enviamos este provisional que case con seguridade non sufrirá modificacións.

En breve estará operativa a plataforma de inscrición en championchipnorte.com, coma sempre GRATUÍTA.

DATA: DOMINGO 1 DE MAIO

HORARIO:
10.15 h Pre-atletismo 210 metros
10.45 h Benxamíns-Alevíns 960 metros aprox.
11.00 h Infantil-Cadete-Xuvenil 3.600 metros aprox.
11.25 h Categoría Especial
11.30 h Participantes en silla de rodas e handbike
11.50 h Senior en diante 12.000 metros aprox.

LUGAR DE SAÍDA: Pazo dos Deportes

CATEGORIAS:
• Seniors (Masculino e feminino) Desde os nados en 1991 ata os 34 anos. Os atletas junior e promesa (nados entre 1992 e 1998) considéranse sénior nesta proba.
• Prebenxamín: nacidos 2009-2016 Homes e mulleres
• Benxamín: nacidos 2007-2008 Homes e mulleres
• Alevín: nacidos 2005-2006 Homes e mulleres
• Infantil: nacidos 2003-2004 Homes e mulleres
• Cadetes: nacidos 2001-2002 Homes e mulleres
• Xuvenil: nacidos 1999-2000 Homes e mulleres
• Veteranos: A: 35 a 50 anos inclusive Homes e mulleres
• Veteranos B: 51 a 64 anos inclusive Homes e mulleres
• Veteranos C: 65 anos en diante Homes e mulleres
• Sillas de atletismo e handbike
• Categoría especial


A CARREIRA É TOTALMENTE GRATUÍTA. O Concello de Arteixo e o Club Atletismo Arteixo organizan a XIX Carreira Popular Concello de Arteixo na que poderán tomar parte todas aquelas persoas interesadas. A distancia será de 12.000 metros aproximadamente. Cada quilómetro do percorrido estará sinalizado. Haberá avituallamentos no quilómetro 6 do percorrido e ao finalizar a proba. O percorrido das distintas categorías será o seguinte:
Carreira de pre-benxamíns:
• Hora: 10.15 h. Distancia 210 metros
• Nados anos 2009-2010-2011-2012-2013-2014-2015
• As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o resto de atletas
• Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa

CIRCUÍTO A (Benxamíns-Alevíns)
• Hora: 10.45 horas Distancia: 960 metros aprox.
• Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias ata Glorieta e volta.

CIRCUÍTO B (Infantís-Cadetes-Xuvenís)
• Hora: 11.00 horas Distancia: 3.600 metros aprox.
• Percorrido: Tres voltas ao seguinte circuíto, saída do Pavillón, Avda. Arsenio Iglesias, Paseo Fluvial ata entrada na parte posterior da piscina municipal.

CIRCUÍTO C (Senior en diante)
• HORA: 11.50 horas Distancia: 12.000 metros aprox.
• Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias, Ponte dos Brozos, Paseo Fluvial, A Ponte do Va, O Cancelo, O Igrexario, Manoi, Os Laranxos, O Val, Mins, Allán, Erbedins, Marciñado, O Foxo, A Ponte do Va, Paseo Fluvial, Ponte dos Brozos, Avda. Arsenio Iglesias e chegada ao Pazo dos Deportes

CIRCUÍTO D (Silla de rodas e handbike)
• HORA: 11.300 horas Distancia: 12.000 metros aprox.
• Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias, Paseo Fluvial, A Ponte do Va, O Cancelo, O Igrexario, Manoi, Os Laranxos, O Val, Mins, Allán, Erbedins, Marciñado, O Foxo, A Ponte do Va, Paseo Fluvial, Avda. Arsenio Iglesias e chegada ao Pazo dos Deportes


Carreira especial
• Hora: 11.25 h. Distancia 200 metros aprox
• As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o resto de atletas
• A organización no dispón de persoal de atención directa ás persoas participantes, debendo éstas ser autónomas ou ter acompañante que o axude no desenvolvemento da proba.
• Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa

INSCRICIÓNS:
• Poderanse formalizar gratuitamente e EXLUSIVAMENTE EN: www.championchipnorte.com
• MOI IMPORTANTE: A data tope de recepción de inscricións será o mércores 27 DE ABRIL, ás 24.00 horas non admitíndose baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior a devandita data, nin por suposto o mesmo día da competición.


RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS:
• O día anterior da proba, no Pazo dos Deportes de Arteixo, en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.30 horas.
• O mesmo día da proba no Pazo dos Deportes ata 1 HORA antes do inicio de cada competición. Recoméndase chegar con antelación suficiente para evitar colas de última hora.

CONTROL DE CHEGADA: A cronometraxe correrá a cargo da Empresa Champion Chip Norte

TROFEOS E PREMIOS:
• Recibirán trofeo os 3 primeiros atletas absolutos clasificados da proba, tanto en homes como mulleres.
• Os 3 primeiros clasificados en categoría benxamín-alevín, tanto en homes como mulleres recibirán trofeo.
• Os 3 primeiros atletas clasificados de cada unha das categorías na categoría Infantil-Cadete-xuvenil, tanto homes como mulleres recibirán trofeo.
• Os 3 primeiros clasificados en cada categoría de veteranos, tanto en homes como en mulleres, recibirán trofeo.
• Trofeo ao corredor/a de maior idade que termine a proba.
• Trofeo ao primeiro/a atleta clasificado/a do Concello de Arteixo, ben que resida no municipio ou ben sexa natural do mesmo.Para optar a este premio deberá facer constar na inscrición esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo deberá acreditar a súa residencia ou nacemento en Arteixo.
• Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.
• Farase entrega dos mesmos ao finalizar a proba.
• Os gañadores dos trofeos deberán estar presentes na entrega dos mesmos.
• Todos o nenos e nenas participantes recibirán unha medalla conmemorativa
• Todas as persoas con discapacidade que participen na súa categoría recibirán unha medalla conmemorativa
• As inscricións estarán limitadas a 2.500 participantes no cómputo de todas as categorías
• A organización poderá obsequiar con un agasallo a cada participante.
• A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a se mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
• Todas as persoas participantes declaran expresamente non sufrir ningún problema de saúde que lle impida a práctica deportiva e a disputa deste carreira.
• A organización resérvase o dereito de admisión de aquelas persoas inhabilitadas ou imputadas por causas que afecten ao espírito deportivo da proba (doping, violencia...)
• Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todos os participantes. A organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen, avisando na medida do posible. O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación leva a total aceptación do regulamento desta proba.
• O atleta terá a obriga de levar o dorsal claramente visible na camiseta de competición no momento de disputa da carreira.
• Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o seguimento da proba, estando rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda, sendo motivo de descalificación.
• A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, así como ambulancia e médico na carreira. Durante a carreira, persoal sanitario seguirá o desenvolvemento da mesma, para poder actuar no caso de que se precise os seus servizos.
• A proba contará co apoio de Protección Civil e Policía Local de Arteixo, así como de voluntarios do Club Atletismo Arteixo, Club Atletismo Coruña Comarca, ACD Suevos CF, AD Arteixo, AD Jarnachas, Peña Autocross Arteixo e Club Patín Brigantium.
• Facilitarase servizo de duchas, que estarán situadas no Pazo dos Deportes
• Haberá un “coche escoba” para todos aqueles corredores que non estean en condicións de finalizar a proba
• Os resultados publicaranse nas webs do Concello de Arteixo, así como nas distintas webs de ámbito deportivo que así o estimen oportuno e que se lles facilitarán a través do club.

CATEGORÍA SILLAS DE ATLETISMO E HANDBIKE

Poderán participar en handbike ou silla de atletismo, todas aquelas persoas que cumplan os requisitos establecidos neste regulamento e que sexan maiores de idade con discapacidade física que xustifique a súa participación en esta modalidade. O percorrido será o mesmo que para a categoría sénior

Os atletas deberán presentarse na zona de control 60 minutos antes do inicio da proba para pasar o control de material e recibir o briefing da carreira. No control de material revisaranse os seguintes elementos, que deberán estar homologados e funcionar correctamente: casco, chasis, banderín de visibilidade, rodas, sistema de freado e sistema de dirección.


Última edición por mardofra o Ven, 08 Abr 2016, 9:43; editado 2 veces
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 06 Abr 2016, 11:27
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO

Hola mardofra,

Moitas gracias pola info! Xa fun a esta carreira o ano pasado e encantoume, así que por suposto que repito en 2016. ¿Cal será a data do evento?¿O 1 de maio como o ano pasado?

Saúdos,

Lauris
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4778 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mér, 06 Abr 2016, 11:27
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO

creo que has puesto todo menos la fecha,jajaja,que imagino será como estos ultimos años el 1 de mayo.........

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
mardofra

Organización
Organización
14/09/11
0 Carreiras
60 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Abr 2016, 12:00
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO

Perdón por el lapsus: la fecha como las últimas ediciones será el domingo 1 de mayo Guiño
Quiquevich

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/06/14
120 Carreiras
235 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Abr 2016, 13:36
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO

Genial carrera. Me encantó todo el año.pasado así que repetiremos espero. Entra en el circuito de Correr en Galicia?
Gracias!
eclipse

Novo foreiro
Novo foreiro
9/10/11
0 Carreiras
19 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Abr 2016, 15:51
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO

Nada que perdonar mardofra. No te olvidaste de poner la fecha. Aparece en la cuarta linea nada más empezar el texto en letra mayúscula y en color rojo.
Supongo que los compis no lo vieron, o modificastes el texto a posteriori no apareciendo en un principio por eso los compis no lo pudieron ver.
Sea como fuere, gran carrera, gran organización y ambiente excelente en años anteriores.
mardofra

Organización
Organización
14/09/11
0 Carreiras
60 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Abr 2016, 9:41
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO

Hola. Xa está dispoñible a inscrición en champiomchipnorte e o regulamento definitivo

championchipnorte.com/...teixo-2016

Saúdos
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Ven, 08 Abr 2016, 9:54
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO

Inscrita!!
kadembruk

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
24/10/08
0 Carreiras
1067 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 09 Abr 2016, 8:15
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO

Por fin... ya empezaba a preocuparme!!!
lucusrunner

Maratoniano
Maratoniano
20/08/09
0 Carreiras
659 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Sáb, 09 Abr 2016, 10:08
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO

Inscrito
El año pasado la corrí por primera vez y me encantó. Pasó a ser una fija en mi calendario, si las lesiones me respetan.
Además, si el día acompaña, es un lujo darse una vuelta después de la carrera por las playas de Arteixo o ir a comer a Caión.
Ya voy preparando las gafas de sol Molón Molón Molón
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 09 Abr 2016, 14:58
Asunto: Re: XIX Carreira Popular Concello de Arteixo (1/5/2016)

Esta é unha carreira que me gusta moito, sobre todo por que nos derradeiros anos a fan o 01 de Maio, día festivo, e cando cae entre semana pois é caseque a única opción de carreira nese día.
Este ano cae en Domingo, así que haberá que ver as distintas opcións de carreiras que temos, xa que cerca non é que me quede.
Cabañés

Maratoniano
Maratoniano
27/12/09
0 Carreiras
2918 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Abr 2016, 15:42
Asunto: Re: XIX Carreira Popular Concello de Arteixo (1/5/2016)

Buenoooo, carrerón que no nos podemos perder, es chula y la organización se merece toda la confianza del mundo.
Muy recomendable. Ahí va el carteliño.

Apuntaos todos!! y sobre todo los mas lentos que yo!!


lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4778 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Xov, 21 Abr 2016, 21:38
Asunto: Re: XIX Carreira Popular Concello de Arteixo (1/5/2016)

inscrito

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
MANU0929

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/10/13
0 Carreiras
482 Mensaxes
SADA
Respostar citando Envío Ven, 22 Abr 2016, 4:11
Asunto: Re: XIX Carreira Popular Concello de Arteixo (1/5/2016)

Carrera muy chula, y de las pocas gratuitas que quedan y muy bien organizada, allí estaremos, la tengo fija en mi calendario siempre que las lesiones lo respete. Saudos

Distrae tu mente..............CORRE!!!!
www.facebook.com/Runkmcero/
rleal

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
4/11/13
62 Carreiras
225 Mensaxes
Narón
Respostar citando Envío Ven, 22 Abr 2016, 6:38
Asunto: Re: XIX Carreira Popular Concello de Arteixo (1/5/2016)

Ala vou!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos