Xov, 28 Abr 2016, 20:01
Asunto: Re: XIX Carreira Popular Concello de Arteixo (1/5/2016)
Eu este ano non vou a ir, xa que vou correr a Media de Xixón, pero respecto ao horario, os derradeiros anos sempre foi tarde, ainda que non tanto. Anos 2014 e 2015 as 11:30 e o 2013 as 11:45. Eu os outros anos, entre correr, un pouco de cháchara, ducha e voltar a casa, chegaba caseque as 15h.
Respecto as costas, a primeira posiblemente sexa de máis dun Km., pero lévase bastante ben, xa que deixa correr, despois ten uns descansiños e algunhas subidas máis, pero os derradeiros Kms. son para voar se levas forza, xa que son baixando e llaneando, quitando a recta de meta que ainda que levemente vai picando para arriba.
Carreira máis que recomendable.