Ven, 29 Abr 2016, 7:38
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016
Este ano o recorrido cambia bastante con respecto ao da edición anterior.
A primeira parte mantémola igual pero xa subimos directamente ata o Castro Sevil; logo facemos a baixada ata o río Umia, cruzámolo para chegar ata Cequeril e comezar a subida ao Cadavo que é o punto máis alto do trail (810 m). É unha subida moi longa. Volvemos baixar ata o Umia e comezamos outra longa subida ata o alto de Mesego. Este punto xa o coñecedes doutras edicións, só que nesta ocasión colleremos a subida desde o inicio e non desde a metade como facíamos anteriormente. Unha vez aquí, o que queda e moi parecido ás anteriores edicións, só que estamos limpando camiños novos para evitar pistas.
Esta vez non subiremos o último cortalumes de Arcos ao que tanto "cariño" lle ten Manuel Ces
Saen sobre 1650+ en 28 km, aproximadamente. Chégalle ben!