Dom, 01 Mai 2016, 16:10
Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira)
ULTRATRAIL DO BARBANZA
Non sei por onde comezar...
Sen lugar a mellor edición de todas por moitos motivos:
- Recorrido: Trail en estado puro con subidas duras, baixadas técnicas e moito monte a través que impedía poder recuperar tempo.
- Paisaxe: espectacular, non só as vistas senon tamén as paraxes (Vitres, Os Chans, San Xoán...).
- Organización de 10 (con maiúsculas): sempre ao pé do cañón desvivíndose polos participantes axudándolle en todo o que precisen. Aquí quero resaltar o trato especial que me ofreceron ao longo de todo o percorrido, fixéronme sentir que corría na casa. Gracias a Eduardo Iglesias, Manolo Bello, Manoli Filgueira Gandarela, Balado Suso Balado, Carlos, Pelé, Casti, Jaime... a todos.
- Abastecementos e marcaxe: PERFECTOS.
No referente a carreira a nota foi de Notable alto. Cheguei a estar na cuarta posición no km 42 entre Vitres e a Portela pero está claro que o meu estómago limítame para poder loitar un peldaño máis arriba.
As horas e horas de adestramento planificados dos grandes profesionais de ECOSPORT BARBANZA cos indios Manuel Ces Cristobo(que por certo onte armastes unhas das gordas en Ponferrada: noraboa máquina, estou orgulloso de ti), Samuel Saborido Sóñora e Armando Calvo, asi como os 2 litros de Pepsi que me meteu Pele á vena no abastecemento fixeron que me repuxera e que subira San Xoán a un ritmo espectacular que me fixo recuperar algunha posición.
Al chegar arriba no km 47 aconteceu o mellor: Gracias Hector Lorenzo Buceta. A verdade é que non che esperaba ver alí apoiándome... doume un subidón de moral e de forzas, así como, un plus de motivación para afrontar os derradeiros kms. E verche na meta esperándome non o poido describir con palabras.
Dende alí ata a meta o único obxectivo era aguantar a sexta posición.
Ao final 6 da xeral que sabe a gloria. Foron 8 horas para cubrir os 64 kms da proba cos seus correspondentes 5.400 metros de desnivel acumulado.
Felicitar a ultima fichaxe da Tribu Moncho de Pelejrino que debutou coas nosas cores subindose ao caixón como terceiro clasificado veterano e a Toño Lorenzo Buceta como segundo no Trail de 35 km. A verdade é que cada día aprendo máis de vós coa vosa capacidade de sufrimento e superación. Así como aos restantes membros da Tribu que participaron onte: Manolo, Sergios, Aitor...
#tributrail #ecosportbarbanza