Dom, 15 Mai 2016, 18:43
Asunto: Re: Media Maratón de Allariz (15/05/16)
Felicitar a organización por organizar esta carreira, dentro do innovador do D42. E ademáis nun pobo ben bonito e coidado como é este.
Respecto a carreira, dura pero dura, sobre todo esa subida continudada de 1200 mts. por cada volta facía "pupa", a parte dalgunha máis que había, xa que o percorrido basicamente ou era subir ou baixar, poucos tramos chans había en comparación cos outros.
Dentro da carreira vin 2 detalles negativos que poden ser facilmente subsanables. 1º e máis importante, nalgúns tramos coincidimos con coches no noso sentido da marcha e incluso nun momento eu circulei con coches por ambos sentidos, no tramo de subida eu metínme para o medio da calzada para xirar a esquerda e encarar cara o mosteiro, cando me vin encaixonado entre coches, pola dereita me subían e pola esquerda baixaban.
Os avituallamentos, só dous para unha media maratón son escasos, tivemos sorte de que non fixo un día caluroso, (algo moi posible a mediados de Maio e máis na provincia de Ourense). Cando despois houbo un máis que abundante avituallamento tanto sólido coma líquido (auga e isótonicas) ao rematar e sobrou bastante cantidade.
Felicitar a Terio Carreira que exerceu de Speaker, e nos animou a cada un de nos polo noso nome en cada un dos pasos por meta, non sei se tamén estivo nas outras 2 probas do desafío, pero pareceume que xa tiña un pouco rota a voz.
Respecto a miña carreira, como xa nos comentaron da moita dureza da mesma, decidín correr con cabeciña e fixen bastante regulares as 3 voltas a 1ª en 30'37 e as duas seguintes clavadas en 30'59" pero ainda así desgastandome moito.
Moi contento con esta media que fai o número máxico da
100 media. E que poda facer moitas máis.