Lun, 16 Mai 2016, 13:59
Asunto: Re: X CARREIRA DO CORGO - (12/6/2016) - Corrubedo
E tampouco hai que esquecerse da modalidade de parellas (home-muller) creada exclusivamente para esta carreira fai media ducia de anos e donde o requisito era que o home-muller debian facer o percorrido xuntos e entrar xuntos na meta. Nesta edición permitirase facer o percorrido separados e sumarase os tempos dos dous integrantes para a elaboración da clasificación final por parellas (evidentemente premiarase a suma do menor tempo de todas as parellas).
Polo tanto, e resumindo, pódese participar:
- Individual: masculino ou femenino
- En parella
- Coma equipo
So coma equipo o premio sera acumulativo, e dicir, un equipo pode ter inscritos nas categorias individuais ou por parellas sin afectar a puntuacion final do equipo: os TRES mellores seran os que decanten a victoria para o equipo.