Lun, 23 Mai 2016, 19:49
Asunto: Re: POLA RIA DO BURGO
Castelo Deporte fai ben en non organizala despois da caña que se lles meteu o ano pasado, eu non os coñezo de nada e doume pena como se lles tratou aos organizadores. Organizar unha carreira é un marrón que apóstome que dá máis quebradeiros de cabeza que ningún tipo de beneficio, e por riba déuselles caña a mazo.
Así que si o motivo é polo que eu comento, que non o sei pero paréceríame moi lóxico, normal que este ano pasen, e ao coller a carreira o Concello pois organizaron como creeron ben co tema da distancia.
Eu penso que pecamos de tikismikismo con que mal si 10 mal si outlet mal si tal e aquí pouca xente fai nada constructivo pero moitos protestan. Cando corremos unha carreira disfrutamos do traballo que outros fan por nós, que de poñer un prezo xusto de todo o que disfrutamos (tantos recursos e xente movilizada) non se pagaría con 10 euros de inscripción, que non se vos esqueza. Creo que hai que enfocar o tema con xeito e darlle unha perspectiva adecuada.
Este ano pódese protestar frívolamente por que sexa de 10 quilómetros que mesmo o ano que ven xa non hai nin 13 nin 10. Cada un ten unha opinión do que lle gusta máis e está ben que a dé, o detalle é non pasar de ahí e dar caña por dar desde o sofá