Xov, 26 Mai 2016, 6:46
Asunto: Re: Que neopreno mercar?
Bos días,
O mellor creo que sería establecer canto queres gastar e logo dentro de ese presuposto buscar o mellor traxe posible. Dígoo porque variedade hai case infinita.
Se che sirve como referencia eu tiven dous modelos orca, un S2 (gama baixa) e un orca equip (gama media-baixa). E moi contento con eles. Para min orca é unha aposta segura.
Tamén tiven un modelo de gama alta da marca synergy, que merquei nun outlet e este é espectacular en flexibilidade e comodidade. Eu fago corta distancia pero para quen faga larga é bastante importante estos dous puntos.
De todas formas para xente que necesite un plus de flotabilidade se nota a diferencia, e os de gama más baixa, os outros dous, aportan máis flotabilidade que éste último.
Para xente que se inicia eu non recomendo gastar demasiado nun neopreno, pero eso xa é cuestión persoal. Máis que nada porque para comprar un neopreno de gama alta eu entendo que hai que ser bastante entendido, saber que tivo de nadador somos e cal nos convén máis; que nisto tamén hai todo un mundo.