Art.1) A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.), organiza a “II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple”, o domingo 29 de maio de 2016, na localidade de Santiago de Compostela, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Santiago de Compostela.
Art.2) Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. A cronometraxe e control da carreira estarán a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Art.3) CATEGORÍAS
Masculina e Feminina:
• Pitufos: ano nacemento (2011-actualidade)
• Escolares A: ano nacemento (2007-2010)
• Escolares B: ano nacemento (2004-2006)
• Escolares C: ano nacemento (1998-2003)
• Absoluta:
- Sub 23: 17-23 anos
- Senior: 24-34 anos
- Veteranos 1: 35-44 anos
- Veteranos 2: dende os 45 anos
• ANDAINA: todas as idades
Art.4) DISTANCIAS E HORARIOS
• Pitufos: 150 metros. Saída: 12:50
• Escolares A: 500 metros. Saída: 11:00
• Escolares B: 2,5 km. Saída: 11:15
• Escolares C: 5 km. Saída: 11:15
• Absoluta (Sub23-Senior-Veteranos 1 e 2): 5 km. Saída: 12:00
• ANDAINA: 2,5 km. Saída: despois da saída da carreira absoluta
Art.5) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída e a meta da proba terán lugar no estanque da Residencia Universitaria (Avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). O seu percorrido desenvolverase ó longo da Alameda e a Residencia.
Art. 6) INSCRICIÓNS (lugar, data límite e prezo)
O custo da inscrición é de 5 euros.
- A partir do terceiro membro da unidade familiar inscrito, será gratuíto. Para obter esta bonificación, deberase notificar a inscrición á ACEM no mail acemcarreirasolidaria @ gmail.com (indicando, no seu caso, se participa na Carreira ou na Andaina).
A inscrición será efectiva dende o momento en que se faga o ingreso da cuota, que poderá realizarse nas formas seguintes:
• Na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, sita na rúa Queixume dos Pinos nº 4 (Salgueiriños) en Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
• Na Federación Galega de Atletismo, a través da súa páxina web:
http://www.carreirasgalegas.com
• Nas contas bancarias de “la Caixa": ES85 2100 2186 9902 0038; ou de “Abanca” ES68 2080 0319 6330 4001 9077 (sen cargos en calquera sucursal ou caixeiros das entidades). Será preciso enviar e-mail cos datos do(s) participante(s), indicados no artigo 9 deste regulamento, a: acemcarreirasolidaria @ gmail.com especificando idade, Carreira, Andaina ou Dorsal 0.
No caso do Dorsal 0, debe indicarse no concepto do ingreso e notificalo ao email acemcarreirasolidaria @ gmail.com ou chamar ós teléfonos 981 57 52 40 ou 620 53 34 71.
O prazo de inscrición comeza o día 2 de maio, e rematará o mércores 25 de maio. Non se aceptarán inscricións por teléfono nin inscricións fóra dos prazos indicados.
Art.7) RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS (lugar e hora)
A retirada dos dorsais, poderá realizarse de dous xeitos:
1) De forma anticipada en Decathlon Santiago de Compostela (Rúa de Polonia, 2. Polígono da Costa Vella) nos seguintes horarios:
Venres 27 de maio: de 16:00 a 20:00 horas.
Sábado 28 de maio: de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
2) O mesmo día da carreira no lugar de saída, dende as 9:45 e ata 30 minutos antes do comezo de cada unha das carreiras e da andaina.
Art. 8 ) PREMIOS
Individuais:
- Ós/ás tres primeiros/as corredores/as da carreira absoluta, tanto masculina como feminina.
- Ós/ás tres primeiros/as corredores/as de cada categoría, tanto masculina como feminina (agás na categoría Pitufos, que recibirán todos unha medalla). No caso de que algunha categoría non teña suficientes corredores, a organización resérvase o dereito a unila a outra.
*Os premios non serán acumulativos.
Grupos:
- Equipos Federados: premio ós tres primeiros equipos federados absolutos (FGA). A clasificación será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos (homes e mulleres). Será imprescindible que cada atleta indique o nome do equipo federado na súa inscrición individual, e que cada club envíe a listaxe coa composición do equipo ó mail da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Santiago de Compostela (FGAsantiago@gmail.com), con prazo límite ata o xoves 26 de maio.
- Equipos Non Federados: premio ós tres primeiros equipos absolutos non federados. A clasificación será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate, gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos (homes e mulleres). Será imprescindible que cada atleta indique o nome do equipo non federado na súa inscrición individual.
Art. 9) DATOS
Os datos obrigatorios para inscribirse son: nome, apelidos, NIF ou pasaporte, data de nacemento completa, xénero (masculino ou feminino), dirección e teléfono. Rexeitarase calquera inscrición á que lle falte algún dos datos sinalados. No caso dos atletas federados na presente tempada, deberán indicar a maiores o seu número de licencia coa FGA, e nome do seu club.
Aqueles/as atletas que proporcionen datos falsos, serán descalificados.
Art. 10) CLASIFICACIÓN
A clasificación será absoluta, por categorías (agás Pitufos), por equipos federados e por equipos non federados.
Art. 11) CONTROL DA CARREIRA
A carreira absoluta estará controlada a través dun chip dun só uso integrado no dorsal, que se entregará a cada corredor/a, e que deberá levar colocado no peito de forma visible, sen cortes nin dobreces.
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co seu dorsal, ben visible, colocado por diante, ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, será descalificado.
A carreira estará baixo o control do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo que colaborará altruistamente coa causa.
A organización contará coa axuda dos organismos oficiais competentes que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
O control da chegada pechará 50 minutos despois de que entre en meta o primeiro corredor da categoría absoluta.
Art. 12) VEHÍCULOS
Non estará permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin mascotas, bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes.
Debido ás características da proba, permitiranse as cadeiras de rodas con ou sen motor.
Art. 13) RECLAMACIÓNS
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Art. 14) SERVIZOS
Contarase con servizos de ambulancia, médico, vehículos de sinalización e escoba. Contarase tamén con garda-roupa na liña de saida/meta e duchas no Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, no Campus Vida (Sur).
Haberá avituallamento ao final das carreiras e da andaina.
A proba conta tamén cun seguro de Responsabilidade Civil e un Seguro de Accidentes Deportivos para todos os participantes (carreiras-andaina).
Art.15) PROTECCIÓN DE DATOS
Todos os participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu consentimento para que a Organización e a entidade ALLIANZ SEGUROS, por si mesmos ou por terceiras entidades, traten informaticamente e coa finalidade exclusivamente aseguradora e deportiva, os seus datos de carácter persoal, de acordo coas opcións contidas na inscrición.
De acordo co que establece a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, o participante poderá exercer o seu dereito de acceso a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o seu contido. Para exercitar este dereito deberá solicitalo nas direccións indicadas na ficha de inscrición.
Art. 16) OUTROS
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ó Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13 - 15008 A Coruña.