Mér, 01 Xuñ 2016, 5:23
Asunto: Re: Trail Galaica Concello de Muros 29/05
bo día!
pois eu quedei contento de participar

A min pareceume que o tipo de recorrido é
variado, con zonas onde se podía correr, subidas e baixadas con desnivel e terreo roto, camiños antiguos moi bonitos, zonas expostas e outras entre árbores, con regos para lavar e refrescar os pes, ... certo que non había ningún tramo de subir a gatas ou agarrándose aos penedos

Non os botei en falta!
En canto a
sinalización... eu son
máis ben dos últimos, polo que
fun sólo en moitos tramos e non tiven ningún problema en poder seguir a ruta. Só houbo dous sitios onde en lugar de haber unha cinta cada 50m. estaba aos 200m.

e entrábache a dúbida de se saltaras un cruce (unha xusto antes de pasar por debaixo da carretera e outra máis adiante nunha pista), pero en ambas ocasións o "lóxico" era seguir adiante e enseguida atopabas a cinta.
O avituallamento...

o primeiro era moito máis abondoso que o segundo (onde había auga e turrón do blando) pero personalmente non sabería dicir se era moito ou pouco (eu só pillei auga).
As vistas.... IMPRESIONANTES! Lamentei non ter levado o móbil ou cámara para ir tirando fotos. Non vin ningún fotógrafo/a no camiño
O día aguantou moi ben e non pasamos calor, nin caeu unha gota de auga e acompañou un sol suave. Mellor non podía ser (para o meu gusto).
Lamento que houbese xente que se perdeu

A min tenme pasado eso de facer "uns quilómetros de máis" e non é agradable.
Falaban despóis na meta de que iban cambiar varias datas das probas que faltan polo das eleccións, etc. A ver cómo queda.
Saúdos
-- Chámame "ghose"