Foros ›
Adestrar?competir? ou adestrar competindo?
Foros de debate / Entrenamientos y técnica
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
mario.R

Montañés
Montañés
15/01/11
240 Carreiras
329 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Sáb, 28 Mai 2016, 8:20
Asunto: Adestrar?competir? ou adestrar competindo?

Hola,levo unha temporada con esta dúbida e quería plantexar que opinades.
A historia é que fago trail e duatlon,tanto aquí como en Portugal e moitas veces debido a que todolos fines de semana teño unha ou duas probas ,teño que dedicar o resto da semana a recuperar e adestrar moi suave.
Por un lado as competicións danme esa chispa ese ritmo de carreira,pero por outro concentran todo o traballo en dous días,"perdendo" o resto da semana en recuperar.
Por iso vos pregunto que é o que pensades e cal vos resulta millor,adestrar e competir menos veces,ou competir intensamente e adestrar moi suave.
un saudo!!
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 28 Mai 2016, 19:08
Asunto: Re: Adestrar?competir? ou adestrar competindo?

Tamen tes a opcion de competir mais suave tomandoo como un adestramento de calidade e competir so intensamente en probas que te propoñas como obxetivo. Desa maneira con que o día seguinte da competicion fagas un entreno mais suave non perdes toda a semana.
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
500 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Lun, 30 Mai 2016, 13:09
Asunto: Re: Adestrar?competir? ou adestrar competindo?

Eu durante moito tempo fixen como tí. Cada semana carreira e competir (non sabía facelo doutro xeito). Se botaba 3 semanas sen ir a algunha carreira xa estaba "rariño" e o certo e que durante moito tempo mellorei e estiven a un nivel bastante alto (para min) pero claro se queres poñer apuntar a unha carreira en concreto o mellor é planificar esa carreira / duatlón en concreto. Con todas esas cousas de cargas, volumes, traballo específico, velocidade e todo eso que seguro ti xa sabes.

Cando estaba en plan carreira fin de semana sí, fin de semana tamén só saí dous día pola semana:-un día rodaxe variada (sube-baixa), lenta e longa e outro día técnica con multisaltos e algo de potencia (pero pouco tempo 45-50 minutos)...

Agora por motivos non-deportivos non podo ir a tantas carreiras como quixera pero me gustaba moito máis saír a competir cada fin de semana aínda que non fóra o ideal. De feito, penso que a única carreira que preparo máis ou menos "en serio" é a maratón.

Resumindo, eu faría un poquiño o que che te guste, se vas cada finde podes a ter un nivel moi alto todo o ano aínda que non chegues a ningunha cita con todo o potencial
mario.R

Montañés
Montañés
15/01/11
240 Carreiras
329 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Lun, 30 Mai 2016, 23:43
Asunto: Re: Adestrar?competir? ou adestrar competindo?

Gracias Papero e Vacatola polas vosas opinions.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos