Mar, 31 Mai 2016, 22:27
Asunto: Re: III CP PR-G148 [PONTECESO 12 Xuño]
A carreira está xenial pero quería facer unha suxerencia (por se alguén da organización lee este fio para que tome nota ou para que llo trasladen).
O regulamento di que na carreira de pitufos só se darán medallas aos 10 primeiros nenos/as. Penso que é un erro (estamos a falar de nenos de 4 e 5 anos). Non hai posibilidade de darlla polo menos a todos os pitufos que participen?? Non sei o gasto que iso supón pero non creo que sexa moi elevado. Chega de sobra co máis barateiro que haxa; a eles válelles o mesmo.
Teño un neno de 4 anos (camiño de 5) e unha sobriña aínda máis nova. Estou levandoos a tódalas carreiras do circuito da Costa da Morte e para eles, aínda que case sempre chegan pola cola, o máis importante é a medalla (insisto en que estamos a falar das idades que falamos). Vamos, que se lle das medalla a uns nenos si e a outros non, explícalles ti aquelo de "a ver se espabilades e para a próxima corredes máis". Antes ca iso, prefiro non levalos e evitarme explicacións que xa terán tempo de aprender cando vaian tendo máis anos. E iso no caso de que despois me queiran volver a algunha...
Repito que é só unha suxerencia. Eu, con fillo ou sen el, teño pensado participar igual.