Dom, 18 Nov 2007, 23:55
Asunto:
Ben...estupenda organización a de Ourense: non vou a entrar a valorar si de 10, de 11 ou de 9...comparto algunha opinión de Northern, en que hai cousas mellorables...pero para mín SI é a carreira mellor organizada de Galicia...Por poñerlle algún "pero" subsanable: o feito de estar casi 10 minutos -co frío que facía- para deixar o chip, coller as bebidas, e a camiseta. Unha posible solución: que se poñan as mesas do avituallamento na mesma explanada que donde se entregaban as camisetas, e con esa mesma disposición (como as cabinas do pago nas autopistas) para axilizar as entregas. (Unha bolsiña tampouco viña mal...aínda que fose co logo da Tenencia de Alcalde

)
Puden saudar a moi pouquiños dos foreiros:
Banderas, Khene, Elyana (graciñas, compañeira, por recollerme o dorsal, e perdón por non despedirme despois

),
keniatablanco e Raquel,
gallego, lestrove, U, bareixa (ó que non coñecía),
jabelo, marisol (esposa de jotaeme: imposible atoparvos despois para a kdda),
fleky...e bueno,
jeffxavi que vin no avituallamento, pero non puden saudar....(Si me queda algún no tinteiro, disculpas

)
A carreira (ou "A importancia das lebres"):
Cando leía por ahí adiante que fulanito iba de lebre para outro foreiro, non acababa de verlle a gracia ó asunto. Desde hoxe cambio de opinión. Na saída atópome con Banderas e Khene. Banderas comenta que debido á lesión sufrida recentamente vai a ir ritmo lento. Encéndeselle a bombilliña: "coño, urko, vouche facer de lebre!!". Po' fale!! Sobre a distancia de 10 km. nunca baixara de 53.30. A miña idea/ilusión era facelo en 52 minutos (ver post de obxetivos

)
Comenzamos a carreira nos postos traseiros, e en canto podemos imos avanzando. Por certo, por primeira vez (
e posiblemente única na miña vida), adiantei ó gran
keniatablanco

Ritmos en torno ós 5 minutos/km. que sigo a duras penas. O km 5 subeu o ritmo para facelo en 4.23...buffff....levábame co gancho, arrastrando a lengua...cada vez que mirába o pulsómetro dábame un chungo 175/178 ppm. E Banderas co seu ritmo machacón...veña, vamos; veña, vamos...e o moi cabr...cantando o "In the Navy", marcándolle o compás ós da Brilat; facéndolle coreografías....

e todo sin perder o ritmo. Os pasos polos seguintes km. foron super-regulares. Por certo, cruzar a praza maior, ¡unha gozada!! Finalmente, no km 8.5 tiven que claudicar e díxenlle que se marchase. Pensei que me ía desfondar, pero foi baixar un puntiño o ritmo e seguir estupendamente. Cando mirei o reloxio vexo que ese km. fixéramolo en 4.46. Puden rematar incluso cun pequeno sprint que me deixou máis que contento. O tempo neto: 50.42...Imposible facelo solo, eso segurisimo....Graciñas,
Banderas....Si alguén chega á Monumental algo tocado e solo vai a "trotar", que avise
Pd.: Como anécdota decir que nos obxetivos das Pedestre de Santiago pronosticara 65 minutos. Tempo: 1.05.00 !!!! Obxetivos da San Martiño: 52.00 Tempo oficial: 52.01 !!!
Última edición por URKO o Lun, 19 Nov 2007, 0:24; editado 1 vez