Dom, 12 Xuñ 2016, 16:00
Asunto: Re: Trail Senda do Picón Concello de O Pino 12-06
Hola!!
Pois gracias a todos por vir hoxe ao trail da Senda do Picón do Concello de O Pino. Este trail está nacendo, así que trataremos de seguilo mellorando pouco a pouco e apuntamos o que comenta
RadicalMarc1 sobre o trazado. Creo que temos traballo por diante e esa parte temos que mellorala que terreo hai. de todos xeitos traballouse moito no primeiro e tratamos de seguir a senda panoramica do Picón, coa súa esencia.
Sobre os atallos que falades, falouse cos xuices e atletas implicados. Non se alterou ningunha premiación e non se considerou que fose culpa de ninguén, pois parece ser que uns peregrinos causaron esta confusión dun amplo grupo nun tramo que estaba preto do Camiño de Santiago. A sorte foi que ese tramo se seguías polo camiño saias a un punto exactamente do circuito pero facendo case 1 km menos. Os xuices consideraron esta circunstancia "NON" premeditada e parte da esencia do trail, co cal decidiron non alterar a clasificación, xa que toman sempre como referencia o tempo en meta.
Non se pode dicir máis.
Personalmente, tiven o pracer de correlo e encantoume a primeira parte. Creo que os últimos kilómetros merecen un "retoque" porque estaba bastante deteriorada polas "prospreccións" das minas que estiveron a mirar recientemente e deixaron esas pedras no camiño do trail.
Nada máis que decir máis que agradecer a tod@s a vosa participación, pedir desculpas polos posibles erros cometidos e citarvos para 2017 para unha nova edición do trail do Concello de O Pino.
Felixz domingo a tod@s!!
El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).