Club_Atletismo_Porriño escribió: |
Hoxe fai un ano que demos o último adeus a un amigo e compañeiro do Club ó que queríamos moitísimo. Por esta causa, o ano pasado, decidimos suspender a nosa carreira grande, a Carreira de As Agüiñas. Decidimos entón, adicarlle a nosa carreira, que a partires de agora levará o seu nome. Por iso, convidámosvos a que nos acompañedes e lle rindamos entre todxs unha merecida homenaxe a Diego. A Carreira Diego Salgueiriño As Agüiñas será o día 19 de xuño nas Instalacións do Club Atletismo Porriño no Polígono de A Granxa (O Porriño), a carón do EKO AMA e o CTAG. Como ven sendo habitual nesta carreira, primará o carácter estrictamente popular. Non imos realizar unha carreira de moito orzamento, primeiramente porque non podemos, e de segundo, porque non responde á nosa filosofía de club. Estamos na obriga moral de tratar isto como o que é, atletismo popular. Así naceu, e así debemos continuar o proxecto, máis si cabe, tendo a Diego como referente. A carreira será de balde. Entendemos que non podemos cobrarlle un duro á xente por correr, e polo tanto, botaremos as horas que sexan necesarias enriba disto para que así sexa!. Non vos esperedes unha carreira cronometrada con chip, camiseta na chegada, e todo tipo de detalles. Será unha carreira sobria neste aspecto, o que non quita que sexa unha carreira seria e feita con cariño. Tomaremos nós mesmos os tempos, levaremos a secretaría, e daremos unha botella de auga e si podemos unha peza de froita. Tentaremos coidar todo tipo de detalles, ese é o plan. Sempre o fixemos así, e xs participantes nunca se queixaron, polo tanto, o seguiremos facendo mentras teñamos ganas e forzas. A xente que se anote a esta carreira e non faga acto de presenza, será descalificada para as posteriores edicións, non puidendo participar na proba nunca máis. Isto é moi doado de controlalo, e polo tanto o aplicaremos sen nengún pudor. O motivo é que despois de sopesar moitas opcións que eviten o desplante de última hora moi habitual nas carreiras onde non se cobra, decidimos que cada quen debe ser responsable dos seus actos. Pregámosvos que do mesmo xeito que este grupo fai un tremendo esforzo na organización, fagades o mesmo esforzo en planificar a asistencia á proba. De non ser así, e antes de que remate o prazo de inscrición, avisade á organización da non presenza. Entendemos que deixando as inscricións abertas ata o día 16 de xuño non debería ser problema. Por último, pedimos que comentedes e difundades esta carreira entre xs vosxs amigxs, clubs, anpa, colexios, asociacións, etc, para isto, teremos habilitada unha pestana no menú principal da páxina web. Animádevos a paticipar e homenaxear a Diego!. |
dalonso48 escribió: |
Hola,no tengo manera de encontrar el recorrido,ni nada de informacion sobre la carrera,ni siquiera en la web de ponle freno,alguien sabe donde verlo? |