Xov, 07 Xul 2016, 10:43
Asunto: Re: Costa da Vela vs Media de vigo
Bos días. Dende logo somos conscientes de que esta coincidencia pode condicionar ambas probas, e dende logo os participantes que desexan correr as dúas carreiras son os principais perxudicados.
Se facemos unha análise do que é a 21K Costa da Vela podemos concluir, e os participantes sodes os que mellor o podedes entender, que non é unha carreira que busca masificacións, de feito limitamos as prazas. Penso que nos caracterizamos por dar un trato cercano ó deportista, onde poida chegar a meta e dar unha masaxe sen esperar horas, onde tomar unha tapa de mexilóns ó momento e sobretodo tratamos de dar a posibilidade de desfrutar dun dos entornos máis salvaxes, fermosos, naturais e dos que sentirse orgullosos da nosa Terra nas mellores condicións para a práctica da carreira a pé.
Esas condicións sen dúbida as ofrece a fecha marcada para este ano, e que como nas anteriores edicións, e pasará o mesmo nas seguintes será o 2° ou 3° fin de semana de Septembro (coincidindo coa baixamar).
Creemos que para ter personalidade non se pode andar bailando as fechas.
Como se mencionaba anteriormente quizáis diminúa a participación por esta situación, pero sexamos 100, 200 ou 500 o que non vai diminuir é a dedicación da organización por cada un dos participantes.
Sen outro particular vémonos o 18 de Septembro en Aldan para a III 21k Costa da Vela.
www.21kcostadavela.es
www.facebook.com/21kCostaDaVela
@21kcostadavela
Instagram.com/21kcostadavela