Sáb, 02 Xul 2016, 21:55
Asunto: Re: IV Trail Vila de Cuntis 3/07/2016
Indicacións a ter en conta para mañá:
- Saída/Meta
Estará situada na Praza das Árbores, no centro do pobo. Esta é a súa ubicación:
www.google.es/maps/pla...6265?hl=es
Os vestiarios para poder cambiarse e posteriormente ducharse, estarán no pavillón municipal, a escasos 100 m da saída. Esta é a súa ubicación:
www.google.es/maps/pla...0464?hl=es
Recordade que a saída será ás 9:00 h.
- Entrega de dorsais e a bolsa do corredor
A partir das 7:30h podedes recoller os dorsais e a bolsa do corredor na Praza das Árbores. É imprescindible presentar o dni e os federados, ademáis, a licenza federativa. Non se entregará ningún dorsal a ningunha persoa que non estea previamente inscrita, nin se fará ningún cambio de inscricións.
O dorsal deberá colocarse na parte dianteira da camiseta e deberá estar visible en todo momento durante o transcurso da proba.
- Marcaxe dos recorridos
O trail estará marcado con cinta branca e azul (Abanca).
O mini trail e a andaina, nos puntos que non sexa comúns co trail, estará marcado con cinta branca e roxa.
O recorrido que sexa común para todas as modalidades estará marcada con cinta Abanca.
Hai indicadores nos puntos de bifurcación das distintas probas, ademáis de compañeiros do noso club.
- Avituallamentos
Km 5. Líquido (trail, A Hermida)
km 6. Sólido/líquido (mini trail, andaina, A Peizosa)
km 10. Sólido/líquido (trail, subida ao monte Cádavo)
km 14. Líquido (trail, alto do Cádavo)
km 18. Sólido/líquido (trail, Vilar de Mato)
km 20. Sólido/líquido (trail e mini trail, Sevil-Mesego)
km 23. Líquido (trail, mini trail e andaina, Castro Sevil)
Por favor, respetade o entorno e usade as papeleiras colocadas nos avituallamentos. Non tiredes nada durante o recorrido.
- Horas e puntos de corte
Haberá dous puntos de corte para o trail e o corredor escoba ou os colaboradores que estean situados neses puntos, están facultados para retirar o dorsal a calquera corredor/a que non pase por eses puntos nas seguintes horas:
Km 14, alto do monte Cádavo, 3 horas. Ás 12:00 h.
Km. 22, alto do monte de Mesego, 4:30 horas. Ás 13:30 h.
- Entrega de trofeos
A entrega de trofeos será entre as 14:00 e as 14:30 h.
- Comida post carreira
Como ven sendo habitual nas nosas probas, desgutaremos os callos feitos pola nosa compañeira Pura e unhas empanadas acompañadas das cañas que queirades de Estrella Galicia.
Ademáis do todo esto que vos acabo de comentar, tamén vos fago saber que antes do comezo do trail, gardaremos un minuto de silencio na honra do compañeiro Eulogio Bello, tristemente falecido o pasado xoves en Ubiña.
Espero que disfrutedes co trail e que vos guste o que vos temos preparado este ano en Cuntis.
Saúdos