Sáb, 02 Xul 2016, 14:40
Asunto: Novata busca consello
Boas!
Non sei se está ben posta aquí a mensaxe, espero que si, disculpas por adiantado porque son absolutamente novata. Picoume o gusanillo do triatlón hai uns meses e por falta de tempo non o pensei en serio. Pero hai unhas semanas volveu o gusanillo, agora conto con máis tempo para adestrar máis en serio. As miñas preguntas de novata son:
- Fai falta ter unha condición física previa moi boa para afrontar un super sprint (ou incluso un sprint)? Eu fago deporte normalmente 6 días á semana, pero estou afeita ao ximnasio, non sei se haberá moita diferencia entrando o aire libre.
- Fago spinning varios días e teño unha bici de montaña coa que saio moi de vez en cando. Nunca montei unha de carreiras, a diferencia é moita? Debería sustituir o spinning por sair sempre na bici? Compénsame invertir nunha bici antes de saber se vou poder co triatlón?
-Na piscina deféndome pero tampouco nadei nunca en mar aberto (nadar en serio), é recomendable entrenar no mar? Dame moito respeto por iso de que o mar na Coruña é un pouco traicionero.
-Cal diríades que é un tempo decente (que sexa abondo como para inscribirme) en carreira para unha muller no super sprint? Se non é moito pedir.
E a última pregunta, atopei en internet un plan parar preparar un super sprint en 8 semanas. Parécevos tempo razonable? Agora mesmo en piscina son capaz de nadar 1250m, pero parando uns 5-10 segundos cada 4-6 largos. Sen parar nada podo nadar sobre 10 largos. O da auga é o que máis me preocupa... Non me preocupa quedar a última, só saber se entrenando de aquí a 8 semanas vedes que é posible que poida facer un super sprint destes, a min agora mesmo paréceme todo un reto máis grande que un mundo!! Gracias