Mar, 26 Xul 2016, 21:10
Asunto: Diario de eumealto
Hai varios meses que tiña pensado abrir un fío propio neste subforo pero nunca me acababa de decidir, ate hoxe. E decidin que fose hoxe pois levo case 3 semanas parado que se me están a facer eternas, por culpa dunha rotura de fibras no xemelgo dereito. Pero logo dun intento frustrado a semana pasada, mañán teño pensado probarme a ver se podo xa arrancar dunha vez.
Como o diario realmente comezará mañá, aproveito esta primeira mensaxe para presentarme: Teño 45 anos, comecei a corriandar aló polo verán do 2013, con 92kgs de lastre. A principios do 2014 xa deixei o de andar quedando só en correr. Fun apuntándome a carreiras como máximo de 10 kms, distancia máxima que de momento non quero superar pois as distancias maiores danme bastante respeto. Agora mesmo ando polos 77-78 kgs e as miñas marcas por chamarlles dalgunha maneira son: 21:35 en 5K en Decembro do 2015 e 45:58 en 10K no 10K paralelo ó maraton Coruña 42 deste ano. Como á miña idade un xa non está para para as Olimpiadas de Río, intento entrenar en días alternos, cousa que non sempre consigo, pois as obrigas laborales e familiares están ahí e "No sólo de correr vive el hombre" Decirvos tamén que a miña temperatura ambiente ideal para correr é de 0 a 5º se é posible con xeada ben gorda.
Así que xa podedes imaxinar que estes meses de verán non son cando mellor o paso, de feito o día que rompín fibras creo que a calor tivo bastante que ver. E nada máis, mañá espero publicar aquí un "reinicio" de tempada onde non pido nada máis que correr sen molestias.