Mér, 03 Ago 2016, 11:09
Asunto: Re: Premios Económicos en pruebas populares
Craseski, eu é unha pregunta que sempre me fixen.
Levo pouco tempo correndo, e non o entendía ata fai relativamente pouco.
Nunca estiven nin preto de acercarme a un premio, para canto máis económico. Sempre crin o mesmo que ti, de que deberían empregarse eses cartos na propia carreira.
Pero vin outra parte do cotarro, o do organizador.
Non é o mesmo para un patrocinador, que na foto do podium do gañador salga Pepe de Cusprediños, con todo o respeto, que alguén máis coñecido a nivel local, comarcal, autonómico, nacional ou internacional.
Nos casos de podium con "prestixio", os patrocinadores poñen a disposición da organización máis recursos, que se o podium fose outro.
Exemplo típico powerade, no primeiro ano dunha carreira so puxo a auga gratis, e despois do primeiro ano, despois de un podium de "prestixio", puxo gratis isotónico, auga, tanto en carreira como despois. (cando o ano anterior se tivo que pagar)
Ese exemplo imaxino que haberá máis con outros patrocinadores.
En caso de atletas coñecidos, os patrocinadores aportan mais, e as organizacións nas que non queren lucrarse, iso repercute sempre no atleta.