Ven, 19 Ago 2016, 18:30
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]
Amigos, outra vez vos teño que dalas gracias polos vosos comentarios.
Hoxe tivemos unha reunión no Concello, donde xa se concretaron diversos aspectos da carreira: O regulamento quedou xa definitivamente aprobado (actualizarei en breve o calendario), e, ademais, queda confirmada a novidade da que vos falara no primeiro post:
Unha xornada de actividades o día anterior á carreira.
Vou a ser franco, esta idea está copiada da que eu considero unha das mellores carreiras de Galicia en canto a ambiente e trato ó corredor, o Medio Maratón de Ferreirúa. Eu fun no 2012 e asegúrovos que é a carreira da que mellor recordo gardo, xa que fun coa familia e pasamos unha xornada inolvidable o día anterior, con actividades para coñecer esa fermosa terra e pasalo xenial en familia: visitando os Canóns do Sil en catamarán, visitando unha adega de Amandi, e finalmente un picoteo de película coa entrega do dorsal. E coa familia refírome á propia e a esa outra formada polos corredores. En resumo, unha xornada de confraternidade da que gardo un estupendo recordo.
Pois en Meaño queremos ofrecervos algo parecido. Na tarde do sábado faranse unha serie de actividades consistentes nunha visita á adega Paco & Lola, un paseo pola ruta dos muíños, unha visita a un muíño (igual aquí tamén hai algunha sorpresa) e finalmente recollida de dorsal, para que o día seguinte poidades vir con calma. Ademais, poderedes disfrutar dalgunha obra teatral que se fará no marco das Festas de Meaño.
Poderase anotar tanto o corredor como calquera número de acompañantes.
E por suposto, o prezo será o máis baixo que puidemos conseguir:
Totalmente de balde (e dicir, gratis).
Non é moita cousa, pero trataremos de conseguir que pasedes un rato agradable, coñecendo un pouquiño o noso pobo e coñecernos entre nos.
Tamén se vai a conseguir que algúns establecementos hoteleiros do Concello ofrezan descontos "moi importantes" para os inscritos que queiran facer noite.
É unha xornada pensada para pasar en familia, e da que esperamos vos quede un fermoso recordo, como o que eu gardo da Ferreirúa. Só con eso xa tería pagado a pena o esforzo que o Concello está a facer.
A vindeira semana concretareivos o xeito de anotarse (eso sí, haberá que anotarse para facer unha previsión) e completarei información.
Tamén se abrirán as inscricións a vindeira semana.
Bueno, polo de agora nada máis.
Saúdos.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es