Mar, 30 Ago 2016, 9:48
Asunto: Re: X Canicross de Boimorto (3 de Setembro), inscricións ab
Entramos na recta final para esta cita, lembrade que este
xoves día 1 de setembro é o último día para formalizar a inscrición.
Estas son algunhas das cousas que vos ides topar:
- Unha camiseta conmemorativa de calidade e distinta.
- Bebida, froita, galletas, bica e bola de bacon ao remate da proba.
- Aparcamento e duchas próximos á saída e meta.
- Mangueira para os vosos cans.
- Sorteo de 10 entradas para o festival de "La Luz" durante a entrega de premios no pavillón polideportivo.
- Pinchos na entrega de premios.
- Ambiente festivo pois son as festas na honra a Virxe do Rosario en Boimorto.
- E sobre todo, o que é máis importante, un trato agradable e cariñoso por parte da xente deste pobo e a organización, que de seguro estaranvos agardando cos brazos abertos.
Información do tempo que pode levar chegar a Boimorto dende algúns lugares de Galicia:
- De Lugo: uns 45 minutos.
- De Santiago: uns 35 minutos.
- De Vigo: 1h15´(por autopista ata a saída da autovía que vai para o aeroporto).
- De Coruña: 45 minutos.
- Ourense: 55 minutos (autovía ata Lalín e despois por Vila de Cruces e Arzúa).
- Arzúa: 5 minutos
- Melide: 13 minutos
- Frades (Pontecarreira): 10 minutos (por Brates)
Algunhas imaxes da carreira: