Foros ›
I carrera nocturna rianxo castelo da lua
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Josekioto

Maratoniano
Maratoniano
29/12/12
0 Carreiras
321 Mensaxes
BOIRO
Respostar citando Envío Lun, 13 Xuñ 2016, 15:45
Asunto: I carrera nocturna rianxo castelo da lua

este años se va a celebrar el 20 de agosto la primera carrera nocturna en rianxo....
en este foro os iremos informando de dudas y de novedades
lucax

Novo foreiro
Novo foreiro
16/03/10
0 Carreiras
42 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Xuñ 2016, 18:04
Asunto: Re: I carrera nocturna rianxo castelo da lua

Xenial. Faime ilusión porque son de Rianxo. Unha carreira nocturna no verán en Rianxo e perfecta para disfrutar do pobo, e facer deporte.
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
441 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Sáb, 23 Xul 2016, 15:58
Asunto: Re: I carrera nocturna rianxo castelo da lua

Abertas inscripcions!!
emesports.es/event/car...lo-de-lua/
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 09 Ago 2016, 9:02
Asunto: Re: I carrera nocturna rianxo castelo da lua

O Concello de Rianxo, Barbantia Roda e o Club Atletismo Rianxo organizan a Carreira-Andaina Nocturna Solidaria “Castelo da Lúa”, que terá lugar o 20 de Agosto do 2016 a partir das 21:30 h. na Praza de Castelao.

Tanto a Carreira coma a Andaina Nocturna teñen un carácter popular, na que calquera persoa poida participar, pois os percorridos teñen un perfil e unha distancia accesibles a calquera estado de forma física. Así, pretendemos que sexa unha grande festa deportiva para os veciñ@s, turistas e afeccinoad@s ao deporte.

Nesta primeira edición, a proba organizase a beneficio de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), que desenvolve día a día un grande traballo de solidariedade, sendo destinado a tal fin o 100% do recadado coas inscricións e dorsal 0. Necesitamos do voso apoio e participación para que poidan seguir coa súa labor.

Pódese colaborar participando na Andaina, na Carreira ou a través do Dorsal 0, facendo unha doazón polo importe desexado.

Información e inscricións:
- Andaina
- Carreira
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Ago 2016, 17:26
Asunto: Re: I carrera nocturna rianxo castelo da lua


Hoxe presentouse a Carreira-Andaina Nocturna Solidaria “Castelo da Lúa” que se celebrará o 20 de agosto a partir das 21:30 h. na Praza de Castelao, coa organización do Concello de Rianxo, Barbantia Roda e Club Atletismo Rianxo.

A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, María José Escurís, representante da SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), Manuel Gómez, Presidente da S.D. Barbantia Roda e Jose Navarro, Director Deportivo de dita entidade.

Adolfo Muíños centrou a súa intervención no carácter solidario da proba, xa que o total do recadado coas inscricións e doazóns no DORSAL 0 será a beneficio de SOGAPS, co obxecto de axudar ao cumprimento dos seus obxectivos. Expresou a solidariedade de Rianxo e de toda Galicia coa causa do Pobo Saharauí e fixo un recoñecemento ás familias que acollen nenos e nenas saharauís durante os veráns.

Explicou que a Carreira - Andaina Nocturna ten un carácter popular, na que calquera persoa pode participar, pois os percorridos teñen un perfil e unha distancia accesibles a calquera estado de forma.
Rematou solicitando a participación de veciñ@s, visitantes e afeccinoad@s ao deporte para que sexa unha grande festa deportiva ao tempo que se axuda a unha boa causa. Pódese colaborar participando na Andaina, na Carreira ou a través do Dorsal 0, facendo unha doazón polo importe desexado.

Manuel Gómez debullou os detalles da proba: categorías, distancias,... e explicou que se trata dun percorrido moi fácil e bonito que transcorre en grande parte pola beira do mar, desde a Praia da Torre, os restos do Castelo da Lúa, o Paseo Marítimo e o casco vello rianxeiro.

As inscricións poden formalizarse en EMEPORTS.ES ata o xoves 18 de agosto ás 24 h. A carreira ten un custe de inscrición de 5 € e a andaina 3€, excepto para os nen@as que é gratuíto. Dicir que a inscrición é obrigatoria e que na andaina, cos adultos poden participar os menores de calquera idade que o desexen.

María José Escurís, en representación de SOGAPS, agradeceu ao Concello de Rianxo e aos coorganizadores a iniciativa e explicou que para a asociación era unha dobre oportunidade xa que, ademais da axuda económica que se obterá, dará visibilidade á problemática do pobo saharauí e da grave situación que están a vivir, e que parece esquecida por boa parte da nosa comunidade.

Resaltou ademais que é importante para a poboación que vive nos campamentos saber que existe apoio no seu dereito a recuperar a terra e que non están sós nesta loita e rematou animando a tod@s a participar e correr contra esta inxustiza.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Concello de Rianxo

EMESPORTS

DORSAL 0
A través de emesports.es ou na propia Praza de Castelao o día da proba.
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 17 Ago 2016, 16:16
Asunto: Re: I carrera nocturna rianxo castelo da lua

Mañá ás 23:59 h. remata o prazo para inscribirse nesta carreira. Non te quedes fora...
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Ago 2016, 7:23
Asunto: Re: I carrera nocturna rianxo castelo da lua

Último día para a inscrición na Carreira Andaina Solidaria "Castelo da Lúa".

Para a Andaina o prazo continuará aberto ata o sábado ata as 10:15 h. no Servizo de Deportes e na carpa de entrega de dorsais,

Lembra tamén que temos un DORSAL 0 para colaborar con SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí).

Os grandes atletas Maria Gestido e Robertas Geralavicius veñen de confirmar a súa participación na Carreira e Andaina Nocturna Solidaria Castelo da Lúa e o seu apoio a Sogaps: Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Agardámosvos o sábado 20!
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Ago 2016, 8:16
Asunto: Re: I carrera nocturna rianxo castelo da lua

Na categoría absoluta estreamos trazado, que discorre case nun 50% polo paseo marítimo e á beira do mar. Estamos seguro de que vos encantará!



percorrido vermello_castelo da lúa 2016.jpg
Descrición:
Visto: 2568 veces
percorrido vermello_castelo da lúa 2016.jpg

juandertaker

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/10/10
0 Carreiras
1069 Mensaxes
Portosin
Respostar citando Envío Dom, 21 Ago 2016, 11:46
Asunto: Re: I carrera nocturna rianxo castelo da lua

Circuito rapidisimo. Non estaría mal algun tipo de luz na zona do paseo que a verdad algun bordillo casi nos comemos máis de un





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos