Mar, 30 Ago 2016, 19:57
Asunto: Re: XXXII Carreira Popular Concello de Meaño [11/09/2016]
Hoxe tivo lugar a presentación da
XXXII Carreira Popular Concello de Meaño.
Unha vez máis, o hotel Quinta de San Amaro xunto coa amabilidade dos seus anfitrións, Nacho e Julio, ofreceu un marco excelente para o desenvolvemento deste evento.
Este ano o Concello, representado neste acto pola alcaldesa Lourdes Ucha, quíxo dar protagonismo ós clubes de atletismo da bisbarra do Salnés, polo que convidou a representantes do
Clube Atletismo Cambados (Cambados),
Clube Deportivo Ría de Arousa (O Grove),
Agrupación Atlética Mazí (Vilagarcía) e
Atenas Running VDA (Vilagarcía). Coa súa presencia, quíxose homenaxear dalgún xeito, a todo ese esforzo que estas entidades fan na nosa comarca, pola difusión do atletismo en particular e do deporte en xeral.
Gustaríanos convidar a todas e cada unha das asociacións, clubes e escolas de atletismo de Galicia, pero non é posible. Polo que nestas catro, quíxose, dalgún xeito, representar e facer extensivo o agradecemento á labor de todas.
Por suposto, non podo esquecer ás casas comerciais, sen as cales sabedes que non sería posible facer esta proba: o
Hotel Quinta de San Amaro, a
Adega Paco e Lola,
Super Lage e
Eroski Center. As tres primeiras levan xa moitos anos apoiando á carreira, e no caso de Eroski Center, estrease nesta edición, agardando que a súa colaboración se extenda por moitos anos.
Como novidade, dicirvos que por primeira vez a Carreira Popular de Meaño vai a ter unha mascota oficial.... que se chamará
Bueno, despois de tanta palabrería, deixovos unhas poucas fotos do evento, para que poidades cotillerar a gusto
Trofeos desta edición e mascota.
Representantes dos catro clubes convidados, Lorudes Ucha e Nacho da Quinta de San Amaro.
Lorudes Ucha, alcaldesa de Meaño, nun intre da presentación
Lourdes Ucha e Alberto Rey, representante de Atenas Running VDA
Foto de familia dos asistentes á presentación.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es