Mar, 30 Ago 2016, 18:13
Asunto: Re: Carrera de silleda
PREVIO Á PROBA
1. DATA: O Concello de SILLEDA e GESTSPORT GALICIA SL organizan o Sábado 10 de septiembre del 2016, a partir das 18,00 horas, a “I Carreira de Silled 2016” , co patrocinio de o Concello de Silleda
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
MASC. / FEM. Nacemento Distancia
MASC. / FEM. Nacemento Distancia
Chupete 2016 – 2010 100m aprox.
Pitufo/a 2008 – 2009 300m aprox.
Benxamín 2006 – 2007 500m aprox.
Alevín 2004 – 2005 500m aprox.
Infantil 2002 – 2003 1.000m aprox.
Cadete 2000 – 2001 1.000m aprox.
Xuvenil 1999 – 1998 1.200m aprox.
Junior 1996 – 1997 5.500 m aprox.
Promesa 1994 – 1993 e 1995 5.500 m aprox.
Sénior 1992 ata 1980* (34 anos) 5.500 m aprox.
Veteranos/as 1 De 35 A 39 Cumpridos o día da proba. 5.500 m aprox.
Veteranos/as 2 De 40 A 44 Cumpridos o día da proba. 5.500 m aprox.
Veteranos/as 3 De 45 A 49 Cumpridos o día da proba. 5.500 m aprox.
Veteranos/as 4 De 50 A 54 Cumpridos o día da proba. 5.500 m aprox.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Exemplos: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Concello de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Gestsport Galicia. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos ata as 23:59 horas do MÉRCORES 7 de septiembre (O MÉRCORES ANTERIOR AO DÍA DA PROBA) e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, que serán na web
www.cronotec.es /www.gestsportgalicia.es
Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a ou Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse:
1.- durante o sábado 10 de setiembre, de 11:00 a 14:00 e de 15.30 a 17:45 horas no “Concello de Silleda” facilitando o nome do/a participante e ano de nacemento, así como a autorización familiar correspondente.
Haberá tres (3) tipos de inscrición:
- Para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos, o deportista pagará a cota de 5 € por persoa .
- Para o resto das categorías “menores” a inscrición é de balde.
Para máis información en
www.cronotec.es /www.gestsportgalicia.es; no momento de recoller o dorsal deberá presentar o D.N.I. A inscrición é persoal e intransferible.
5. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase no concello de Silleda des las de 11:00h a 14:00h e de 15:30 a 17:45h, el sábado 10/09/2016.
6. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todos os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar cunha acción social, poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a unha Institución Social.
DURANTE A XORNADA DA PROBA
7. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. A prioridade será achegarse en transporte público, a pé ou en bicicleta.
8. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá ambulancia/s para a atención.
9. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto (e pequenas zonas mixtas de terra/herba). Haberá diversos controis de paso obrigatorios.
10. AVITUALLAMENTO. Durante a proba facilitaráse avituallamento líquido, e ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
11. HORARIOS E PROBAS:
18:00h CARREIRA ABSOLUTA JUNIOR – PROMESA – SENIOR E VETERÁNS 5.500m aprox.
19:30h Chupete De 00 A 05 2014 – 2009 100m aprox.
19:35h Pitufo/a De 06 A 07 2008 – 2007 300m aprox.
19:45h Benxamín De 08 A 09 2006 – 2005 500m aprox.
19:55h Alevín De 10 A 11 2004 – 2003 500m aprox.
20:05h Infantil De 12 A 13 2002 – 2001 1.000m aprox.
20:20h Cadete De 14 A 15 2000 – 1999 1.000m aprox.
20:20 Xuvenil De 16 A 17 1998 – 1997 1.200m aprox.
12. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización identificado, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
13. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas ou coa sua correspondente cinta de nocello) por todo o percorrido, co propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30€ (trinta) euros.
14. REGULAMENTOS. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.
15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto.
16. GARDARROUPA E DUCHAS. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición a 500 metros da zona de saída. Todos as persoas poderán acceder ás duchas e vestiarios
POSTERIOR Á PROBA
17. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico (Cruz Vermella), servizo de Gardería, Sorteo de regalos...
18. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta: Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en cruzar a liña de meta. Os/as vencedores/as absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.
19. Haberá premio ao 1º/1ª clasificados/as do Concello de Silleda (nados ou censados) sendo obrigatorio presentar a documentación axeitada para poder recibir este premio.
CATEGORÍA ABSOLUTA
1º Masculina Feminina => Trofeo
2º Masculina Feminina => Trofeo
3º Masculina Feminina => Trofeo
Recibirán trofeo o primeiros clasificados de cada categoría, agás na categoría Infantil, Cadete e Xuvenil que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.
CATEGORÍA JUNIOR, PROMESA, SENIOR E VETERÁNS
1º Masculina Feminina => Trofeo
20. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN.
A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 20:30 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes,entenderase que renuncian ao premio.
21. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través do Teléfono 607 155 726 ou no correo-e carreras @ gestsportgalicia.es
Última edición por gestsporgalicia o Mér, 31 Ago 2016, 6:49; editado 1 vez