Xov, 01 Set 2016, 19:59
Asunto: VI Memorial Manuel Bergueiro - A Estrada
ATLANTICA DE ABOGADOS, organiza o Domingo día 9 de Outubro de 2016 a partir das 10:00 horas, en colaboración ca Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá, do Concello da Estrada, Club Deportivo San Paio e Atletismo A Estrada o “VI Memorial
Manuel Bergueiro”.
Esta proba é a derradeira carreira puntuable para o IV Circuito “Corre A
Estrada Corre”.
REGULAMENTO
1.- PARTICIPANTES:
A proba estará baixo a supervisión e control de EmeSports. Poderán participar atletas federados e non federados; Establecense as clasificacións según as idades que se detallan a continuación:
2.- CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:
PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2011 e posteriores.
PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2009 e 2010.
BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2003 e 2004.
CADETE: Atletas nados/as nos anos 2001 e 2002.
XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 1999 e 2000.
JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1997 e 1998.
PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1994, 1995 e 1996.
SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1982 e 1993.
VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1971 e 1981.
VETERÁN/A B: Atletas nados/as no ano 1970 e anteriores.
3.- PERCORRIDOS:
O percorrido da carreira absoluta seguirá un circuito de 3.200 metros, aproximadamente, a partir da categoría xuvenil/junior/promesa, cun total de 9.600 metros. A categoría cadete dará unha única volta ao circuito absoluto.
O resto das probas faranse en dous circuitos de 800 metros e de 500 metros.
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX
10:00 h PITUFOS 100-120 m
10:15 h PREBENXAMÍN 500 m (1 volta circuito A)
10:15 h BENXAMÍN 500 m (1 volta circuito A)
10:30 h ALEVÍN 800 m (1 volta circuito
10:50 h INFANTIL 1.600 m (2 voltas ó circuito B).
11:30 h CADETE 3.200 m (1 volta ó circuito C)
XUVENIL/JUNIOR/PROMESA/SENIOR e VETERÁN 9.600 m (3 voltas ó circuito C).
13:00 h ENTREGA DE PREMIOS
Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico o longo do percorrido ademáis de servicio de ambulancia.
4.- INSCRICIÓNS:
* ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o xoves día 6 de Outubro de 2016 as 23:59 horas na web
www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da páxina, seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.
* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o xoves día 6 de Outubro de 2016 as 23:59 horas na web
www.emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar os datos da inscrición requeridos.
A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se aceptarán inscricións con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.
Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono 886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organizaciónda proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030 ou no correo deportes @ aestrada.es
O PREZO da inscrición será o seguinte:
1. ADULTOS (xuvenil e superiores): 4,00 €
2. CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA
Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sen tódolos datos obrigatorios solicitados no formulario de inscrición.
5.- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba na Praza da Constitución, diante do Concello da Estrada, a partir das 9:00h.
CONTROL CON CHIP: As probas dende Xuvenil ata Veterans B estarán controladas a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO, habilitaranse caixas para recollelos.
DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio da organización da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.
6.- TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS:
CATEGORIA ABSOLUTA:
Trofeo os tres primerios clasificados de cada categoría feminina e masculino.
Trofeo e premio para ós 6 primeiros/as corredores/as en cruzar a linea de meta na proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
Proba Masculina Proba feminina
1o. Trofeo + 200€. 1o. Trofeo + 200€.
2o. Trofeo + 150€. 2o. Trofeo + 150€.
3o. Trofeo + 100€. 3o. Trofeo + 100€.
4o Trofeo + 75€. 4o. Trofeo + 75€.
5o. Trofeo + 50€. 5o. Trofeo + 50€.
6o. Trofeo + 25€. 6o. Trofeo + 25€.
CATEGORÍAS ESCOLARES:
Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina dende BENXAMÍN ata VETERANS.
Medallas para todos os participantes da categoría PITUFOS (ata fin de existencias).
Os premios no son acumulativos. Serán as clasificacións por categorías a pàrtir do 4o clasificado absoluto.
Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante, tanto escolar como absoluto ata esgotar existencias.
7.- OUTRAS CONSIDERACIÓN REGULAMENTARIAS.
As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente a organización da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
Haberá habilitado vestiarios no pavillón municipal Coto Ferreiro. O horario de apertura será a partir das 10:00 ata as 14:00 horas.
Poderán consultar os resultados oficiais das probas nas web:
www.emesports.es