Ven, 09 Set 2016, 21:18
Asunto: Re: MEDIA MARATONA DO PORTO
Eu corrín a 2ª edición, e a carreira xa estivera moi ben, o único pero que lle encontrara daquela, era que a saida e a meta estaban separadas por varios Kms. (eu estaba aloxado cerca da meta), polo que había buses para levarte a saida.
Eu fun con moita antelación e estiven esperando máis dunha hora para sair, nun día con moito sol e calor, pero sobre todo de grandísima humidade, (o día anterior estivera chovendo moito) xa estaba sudando antes de empezar a quentar, e ao correr como quen di toda a carreira paralelo ao río Douro ainda se notaba moito máis.
E sei de compañeiros que a correron outros anos e tamén tiveron moita humidade.
Sempre digo que hei de voltar a correla, pero nunca atopo o momento. Moita sorte aos que ides.