Nani_cq escribió: | ||
Temos as mesmas preguntas. Non somos de Santiago e perdenos non saber a onde temos que dirixirnos, onde deixar os coches.. a que distancia queda a granxa porque imos adultos e nenos e temos que ir a varias probas... andamos un pouco perdidos |
m12021958 escribió: |
En este foro(de amigazos)mercoles 14 as 9:12 Remitian a informarse (como podas, do recorrido na :conselleria de deportes deSantiago). ??? Seguimos con aires.... Que deus reparta:Sorte. |
XoseM escribió: | ||||
bos días. Aquí tedes un mapa do lugar exacto, se pulsas en "ter indicacións" no cadro da proba, terás o percorrido en coche desde a túa localidade. Vaia por diante que non son da organización nin teño intereses, pero coñezo o lugar e intentarei axudar. Mira esta foto do percorrido: www.corresan.com/image...edroso.png A saída está aproximadamente a 1km da "granxa do xesto", o lugar de recollida de dorsáis. Normalmente, en todas as carreiras de este tamaño pódese recoller o dorsal desde 1h ou 45' minutos antes. Non haberá apuro por collelo porque case todos os participantes son do "circuito". Ese primeiro quilómetro é unha recta costa arriba por unha rúa e non ten perda e é fácil atopar o lugar. En realidade é máis fácil aparcar preto do lugar de recollida de dorsal e despóis baixas ese quilómetro ate a zona de saída. As duchas están ANTES da saída según chegas ao lugar, máis abaixo a uns 300 metros no pabellón de Santa Isabel. Non sae na foto pero hai un campo de fútbol tamén xusto no cruce. O de subir ate a Granxa en coche supoño que si, se chegas con algo de marxe con respecto a hora de saída. Na Granxa hai bastante sitio para aparcar. Para saír non creo que haxa problema porque os percorridos dos menores non utilizan ese tramo de subida ate a rotonda final do camiño asfaltado. Pedíronlle ao PRESIDENTE que xa que non estaba na casa estos días a ver si lla podía deixar pa poñer uns hinchables e unha carpa no xardín, pero dixo que non así que foron para un pouco máis arriba Que o pasedes ben! |