Mér, 05 Out 2016, 9:02
Asunto: Re: VII CARREIRA POPULAR VAL DAS FABAS. LOURENZÁ. 2 OUTUBRO.
Gracias pola túa opinión, quetepillo; aínda que é respetable e de todo se aprende non é compartida. Quen lea o teu comentario e non estivera alí levarase unha idea bastante enganada do que ti describes no evento. Agradecer tamén todas as opinións e agradecementos recibidas por distintas vías polo éxito deportivo e participativo total da proba.
Nestas Escolas un dos obxectivos prioritarios é o traballo coa base e con nenos e, polo tanto, tamén as carreiras dos nenos:
1/. Os nen@s correron ocupando toda a estrada, e nas aceras e márxenes estaban aparcados os coches de época nun espacio de 30 metros.
2/. No tablón de anuncios da biblioteca estaba senalizada cada saída de carreira de menores, con plano incluido. Ademáis pintada na estrada cada saída. Na web do clube, no facebook do clube, no facebook da proba tamén se informou dos lugares previos de cada saída de menores posto que son lugares patrocinados polas empresas onde realmente se toma a saída.
3/. Os dorsais non se recollían en ningunha carpa. Na biblioteca municipal (edificio emblemático do antigo mosteiro e pegado á zona de meta) entregabanse dorsais de nenos e adultos, e non houbo en ningún momento problemas de aglomeración nin largas colas para recollelos. O coche nun día de festa e de feira é evidente que non se pode deixar ó lado da meta, pero cónstanos que tampouco houbo ningún problema cos aparcamentos nos arredores de toda a vila.
4/. Os nen@s sairon cada un dun lugar que colabora na proba e separados masculino e feminino, para evitar caídas e aglomeración de participantes. A pesar de sair de lugares diferentes, todos os atletas se recolleron en zona de meta e foron levados ás respectivas zoas de saída (chamados por megafonía e por xuíz de saída). A única proba conxunta foi a infantil por ter máis percorrido e porque evidentemente correron menos participantes.
5/. O avituallamento final con pasteis, froita, aquarius, auga, empanada, barritas enerxéticas… estivo a disposición de todos os atletas participantes xusto ó lado da zona de meta.
6/. Todos os nen@s levaron a súa medalla de participación conmemorativa e os 3 primeiros de todas as categorías (masculino e feminino) o seu correpondente trofeo. Non houbo tampouco ningunha reclamación nin ningún erro no rexistro nin na entrega dos mesmos.
De todos xeitos este grupo de máis de 50 persoas que colabora na organización seguirá traballando de arreo para mellorar e seguir aumentando a partición que se incrementa e se consolida ano tras ano. Todas as opinións, suxerencias, .. serán ben recibidas a través do correo escolaslourenza @ gmail.com . Un saúdo e xa está en marcha a VIII Val das Fabas 2017.
Rubén García Piñeiroa (Membro do comité técnico organizador)