Mér, 05 Out 2016, 18:30
Asunto: Re: Media Maraton pontevedra
10. CAIXÓN PREFERENTE. Haberá dúas zonas preferentes reservadas para todos os
deportistas
- A primeira zona (dorsal de cor amarelo) será diante da saída, para os que acrediten unha
marca inferior a 1 hora, 20 minutos e 00 segundos, e para as mulleres que acrediten un tempo
inferior a 1 hora, 42 minutos e 00 segundos.
- A segunda zona (dorsal de cor azul) será para os homes que acrediten unha marca entre 1
hora, 20 minutos e 01 segundos e 1 hora, 40 minutos e 00 segundos, así como para as
mulleres que acrediten unha marca entre 1 hora, 42 minutos e 01 segundos e 1 hora, 52
minutos.
Haberá que indicar o lugar e data de consecución. Dita marca tivo que ser obtida nos últimos
24 meses nunha carreira de medio maratón; e as persoas inscritas no Circuíto de Carreiras de
Pontevedra 2016 que queiran acceder aos caixóns preferentes terán que ter actualizada a súa
marca en medio maratón en ChampionchipNorte