CorreSan escribió: |
Hola a tod@s. Moitas gracias a todos pola vosa participación no V Circuito de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan 2016. Pregar desculpas polos posibles erros cometidos e dade por seguro que tentaremos seguir mellorando cada ano. Aclarar o tema das duchas, madytos01 . Na nosa web e redes se puxo "– DUCHAS: polideportivo municipal de Pontepedriña ou Restollal."; nese momento non sabiamos seguro cal ía ser. Pódelo comprobar no seguinte link: http://corresan.com/novas/?p=452 Unha vez o soupemos remitimos un em@il a todos os participantes no cal xa se aclaraba que era o polideportivo de Pontepedriña (comproba a túa bandexa). Informamos desto ao locutor e foi o locutor o que levou á confusión, correxímolo no momento e seguramente escoitarías esa información no momento que a dixo. De feito, insistimos nese tema ao propio speaker e cometeu un erro. Así que desculpas pola confusión. Iremos falando estos días da Gala do Circuito, premios e demais cousas. Moitas gracias unha vez máis a todos polo ambiente vivido e a deportividade. Pese as condicións climatolóxicas adversas, foi unha xornada increible de atletismo. Pronto voltamos |