Mar, 01 Nov 2016, 21:02
Asunto: Re: IV Carreira Popular Concello de Rianxo
Pois despois da ausencia do ano pasado, este ano volvín a Rianxo, anoteime o venres animado por un compañeiro, xa que non contaba correr por que ia correr o Domingo en Santiago, e parecíanme 2 esforzos moi seguidos.
Así que fun ca expectativa de resarcirme do mal día de Santiago, e sair a un ritmo asumible en todo momento e disfrutar da carreira.
E así foi, ainda que en todo momento fun algo mási rápido do que contaba, fun a un ritmo un pouco superior aos 4' toda a proba, cuns parciais por volta moi equilibrados, 13'31"; 13'33" e 13'22". A derradeira volta moi animado, xa que ao ir adiantando xente un venxe arriba.
Ao final 40'25" netos, moito mellor do agardado.
P.D.: Eu co que flipei foi co
recorte que vin nesta carreira, dentro do 1ºKm. cando se colle a esquerda para encarar o paseo marítimo, uns cantos corredores subíronse ao xardin duns 30 cms. de altura, téndo que baixarse para non tocar cas polas do olivo que hai prantado, e despois loxicamente salto diante dos que iamos correctamente polo percorrido facéndonos frear.
E despois o que xa é un clásico nesta proba a rotonda campo a través do final do muelle, (3 veces e imaxino que 3 pasos por riba, xa que había quen o facía xa na 1ª volta) que ahí si que o fai unha gran cantidade de corredores.
Despois a xente queixaxe das medicións das carreiras.