Xov, 24 Nov 2016, 19:51
Asunto: Re: XVIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO
chupilla escribió: |
Buenas noches.Estaría interesado en inscribirme en la prueba,pero tenía una duda.¿Es rápido el circuito?.Un saludo,gracias. |
Hola Chupilla, o circuíto é o seguinte: saída e 2 km totalmente chans polo paseo marítimo, 1,5 km de praia, 300 metros de subida bastante pronunciada, subidas e baixadas durante 500 metros, baixada pronunciada de 500 metros, 1,2 km totalmente chans. Son duas voltas a este percorrido
A proba é gratis e solidaria co banco de alimentos.
Os tempos tomanse de forma manual cun cronometro.
É unha carreira familiar, ó final da entrega de trofeos, realízase unha comida entre todos os participantes e acompañantes, donde hai unha tertulia entre todos os participantes e organizadores.
É unha carreira das antigas en que se trata de fomentar a amizade entre diferentes persoas que teñen un deporte en común que é o atletismo, sin ter máis pretensións.
un saúdo e estaremos encantados de que te anotes tanto ti, como toda a xente que queira participar