Foros ›
Autor
Mensaxe
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 07 Nov 2016, 23:09
Asunto: TRAIL DE NOIA 11/12

O domingo 11 de decembro celebrarase no Concello de Noia a derradeira proba do circuito de carreiras de montaña Trail Galaica.
Como xa anunciamos no noso perfil de facebook, estamos nunha etapa de transición hacia percorridos moito máis técnicos e esixentes de cara a 2017. Noia será ponte hacia esa nova etapa. Nesta semana abriremos as incricións na nosa web www.trailgalaica.com .
Despois quedará a gala do circuito e a presentación das sedes 2017.
Agardámosvos amigos!!
mario.R

Montañés
Montañés
15/01/11
240 Carreiras
329 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Mar, 08 Nov 2016, 13:17
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

Alí estaremos!!
Ceero

Novo foreiro
Novo foreiro
12/11/13
25 Carreiras
20 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 10 Nov 2016, 7:06
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

Ultima Carreira de montaña do Ano!!
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 15 Nov 2016, 13:32
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

Gracias amig@s, en especial a mario.R e Ceero polos comentarios.

Pois inscripcións abertas!! Xa podesde consultar a información técnica da proba no link Ficha técnica e Inscripcións.

Unha aclaración: o track e provisional pois imos cambiar varias cousas gañando altitude (visitaremos o monte de San Lois e o monte Iroite) e á súa vez gañar en desnivel positivo e acumulado, así como aumentar a dificultade técnica tal e como anunciamos previamente. Quizais sexa un dos trails mais esixentes do circuito 2016. No 2017 seguiremos traballando no diseño dos percorridos facendoos máis técnicos e con maiores desnivies salvados, así como cun aumento de distancia nalguns deles. Pero disto xa falaremos máis adiante (tendes no calendario deste foro 2017 marcadas xa ás 6 probas iniciais do circuito 2017).

Pero antes falaremos de Noia, como di o amigo Ceero un dos derradeiros trails do ano.

Unha aperta e agardámosvos en Noia!!
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Mensaxes
Bertamirans
Respostar citando Envío Mar, 15 Nov 2016, 14:54
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

Correxídeme se me engano, pero a información di que tan so existen 2 avituallamentos intermedios... Persoalmente pareceme algo escaso para este tipo de proba, con esa distancia e desnivel, a unha persoa de metade do pelotón podelle levar facilmente 3 horas completala...

Cuando bajas drop, ya no hay stop...
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 16 Nov 2016, 10:21
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

Mendeselassie escribió:
Correxídeme se me engano, pero a información di que tan so existen 2 avituallamentos intermedios... Persoalmente pareceme algo escaso para este tipo de proba, con esa distancia e desnivel, a unha persoa de metade do pelotón podelle levar facilmente 3 horas completala...

Estimado Mendeselassie . En todos os trails desta edición aplicamos o mesmo criterio, e dicir , 2 avituallamentos intermedios máis o de meta que suele ser máis abundante. Tamén se di na ficha técnica que "Todos os corredores deberán levar avituallamento ou mochila de hidratación. Ata o km 7 aproximadamente non haberá avituallamento de organización".
Ata o de hoxe non recibimos ningunha crítica neste aspecto. Tentamos a súa vez poñer os avituallmentos en puntos do percorrido estratéxicos avaliando a dureza do percorrido e as zonas máis técnicas.

Se é un punto de crítica post-carreira non dubides que o modificaremos, pero polo de agora non recibimos criticas nese aspecto.

Moitas gracias polo apunte.
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Mensaxes
Bertamirans
Respostar citando Envío Mér, 16 Nov 2016, 14:58
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

Ok, graciñas a vos pola resposta, como dixen é unha opinion persoal, e se vos pareceu unha crítica espero que a tomedes como constructiva...
Son asiduo a este tipo de trails e nestas distacias e desniveis soe haber 3, 4 e incluso mais avituallamentos, e polo de agora non me sobrou ningún, jeje...
Como comentades, nas anteriores probas foron suficientes, pero polo que dicides esta vai ter mais desnivel e tamen será mais técnica...
Saudos e sorte coa carreira

Cuando bajas drop, ya no hay stop...
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Nov 2016, 9:59
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

Gracias Mendeselassie. Guiamonos moito polas vosos comentarios á hora de mellorar. Nos parecen sempre críticas constructivas, e onte mesmo falamos deste tema co responsable técncico da proba para que o meditase.
Así que, gracias pola aportación e a semana anterior á proba (imos facela completa) verás na ficha técnica o número de avituallamentos.

Unha aperta.
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
717 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 18 Nov 2016, 17:19
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

que pintaza ten este trail!!
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Sáb, 19 Nov 2016, 6:58
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

Pois xa tiña eu ganas de subir ao Iroite ese, que sempre o vexo ahí e nunca me cadrou de ir Angel Coma o Pindo Triste
Esta vez creo que lle vai tocar.

Con respecto aos avituallamentos... depende moito de cada un. Personalmente, para este tipo de probas non preciso moito, pero semella unha práctica común poñer auga cada hora de carreira e se cadra algunha froita. Calculando máis ben para os do final, non para os que compiten por postos.

Pero en esto nunca haberá unanimidade. O outro día en Negreira vin correr a un compañeiro con mochila de hidratación (un 10k chan e nunha vila). Personalmente pareceume excesivo, pero non coñecemos as circunstancias de cada persona. Así que na miña opinión os organizadores deben dar información detallada con antelación e cada persona debe establecer o seu plan en función das súas necesidades. Si che parece pouco levas ti na mochila, se che sobra, pois non pillas nada, pero a responsabilidade do organizador é dar información e a responsabilidade do corredor é saber si está en condicións de participar. Na miña opinión.

Espero poder participar. Saúdos.

-- Chámame "ghose"
Ceero

Novo foreiro
Novo foreiro
12/11/13
25 Carreiras
20 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 28 Nov 2016, 13:13
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

Este vai ser o track definitivo?

1.300 positivos

es.wikiloc.com/wikiloc...d=15633279
orion764

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/13
18 Carreiras
830 Mensaxes
Santiago Compostela
Respostar citando Envío Lun, 28 Nov 2016, 22:51
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

Puntuará para el circuito CenG al igual que hicieron las otras pruebas del trail Galaica?
Saludos
orion764

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/13
18 Carreiras
830 Mensaxes
Santiago Compostela
Respostar citando Envío Lun, 28 Nov 2016, 23:14
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

orion764 escribió:
Puntuará para el circuito CenG al igual que hicieron las otras pruebas del trail Galaica?
Saludos
Me contesto yo mismo, ya vi que si, está en el calendario de pruebas puntuales de diciembre
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Nov 2016, 19:40
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

Na mañá de hoxe presentouse a proba no Concello de Noia.
Se podedes, xa podedes consultar o track da proba casi definitivo na web de inscrición (link directo: Inscripción Trail Galaica Noia )

Parece que a xente comenza a inscribirse.
Esta é a predicción meteorolóxica: O Tempo En Noia

Fixádevos que comenzamos, tal e como anunciamos, a cambiar os percorridos hacia un aumento na esixencia técnica.

XA temos definidas 5 probas en 2017 , novos retos, novos percorridos, distancias máis longas e desniveis maiores ... un pouco de todo. Pero diso falaremos o 12 de decembro.

ATENTOS A GALA DO CIRCUITO

O 21 de xaneiro será a Gala do Circuito no Concello da Pobra. Disto xa falaremos, pero lembrade que na mesma darán os galardóns finais e o agasallo técnico a todos/as aqueles/as que completasen 5 das 7 probas do circuito.
Haberá pinchos e unha fermosa Gala, pero ... toca Noia primeiro.

Imos!!
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mér, 30 Nov 2016, 6:32
Asunto: Re: TRAIL DE NOIA 11/12

inscrito! Angel

ahora so teño que botar o catarro fora Ojo morado Silbar Maloserá!

TrailGalaica escribió:
... lembrade que na mesma darán os galardóns finais e o agasallo técnico a todos/as aqueles/as que completasen 5 das 7 probas do circuito.

Abraiado hai que ir a Pobra a por un "agasallo técnico"? Confuso Non digo que mandedes a casa un "suunto" por mensaxería Mr. Green , pero ter que ir a Pobra (ou a onde fose) a por unha mochila (ou o que finalmente sexa) creo que, na miña opinión, non é o procedemento correcto e invítovos a explorar alternativas.

-- Chámame "ghose"





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos