Sáb, 19 Nov 2016, 16:27
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016
VIII Carreira Solidaria do Arenteiro
Data: domingo, 18 de decembro de 2016.
Hora: a partires das 11:00 h.
Lugar: O Carballiño. Na praza da Veracruz.
Distancia: de 280 a 10.000 m aprox.
Organiza: Concello de O Carballiño.
Colaboran: Aletismo Arenteiro e Korpore Carballiño.
Inscrición: Ver no regulamento. En Championchipnorte.com
CATEGORÍAS . Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas. As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:
CATEGORÍA NOME ANO NACEMENTO:
A PITUFOS 2013, 2014, 2015
B PREBENXAMÍN 2011, 2012
C BENXAMÍN 2007, 2008, 2009, 2010
D ALEVÍN 2004, 2005, 2006
E INFANTIL - CADETE de 2000 a 2003
F XUNIOR-PROMESA de 1993 a 1999
G SENIOR de 1992 ata veteranos
H VETERAOS “A” M–35 W–35
I VETERANOS” B” M-40 W-40
J VETERANOS” C” M-45 W-45
K VETERANOS “D” E M-50 e posteriores W-50 e posteriores
Equipos: Haberá unha clasificación por equipos (que poderan estar formados por mulleres, homes ou mixto) e se confeccionará inscribindo os integrantes do equipo no apartado que está habilitada para tal efecto na páxina de inscripción de championchipnorte(importante cubrir ben este apartado senón non se terá en conta para a clasificación). Para que un equipo teña clasificación, terán que rematar a proba como mínimo 6 corredores do mesmo equipo. Para confeccionar a clasificación dos equipos sumaranse os postos dos 6 primeiros corredores clasificados e obtendo o mellor resultado o equipo que na suma menos puntos acade e asi sucesivamente.
PERCORRIDO
PROBA HORA CATEGORÍAS DISTANCIA
1º 11:00 F, G, H, I, J, K 10 km (ABSOLUTA).
2º 12:10 D,E 2 km.
3º 12:30 ESPECIAL OLYMPICS 450m.
4º 12:40 C 450 m.
5º 12:50 A,B 250 m.
Avituallamento líquido no km 6 e sólido-liquido na meta. Tamén faremos un chocolate quente para todos os participantes.
Os kms estarán perfectamente sinalados na Proba Absoluta.
INSCRICIÓNS :
Dado o carácter solidario da carreira, pregaselle a todos os participantes que colaboren coa entrega de productos de comida non perecedeiros, que se entregarán o día da proba na carpa da organización.
CATEGORÍAS INFANTILES
CAT PREZO PRAZO
A, B, C, GRATIS dende o 7 de Novembro ata as 11:00h do 18 de Decembro.
A inscrición é totalmente gratuíta para as categorías A, B, C. e Special Olympics, e farase:
- Na páxina web de championchipnorte.com
- Na área de deportes do Concello do Carballiño (Claudio), no número de telefono 988 530 007 ext 348 ou o mesmo día da carreira ata as 11:00h.
CAT PREZO PRAZO
D, E Inscrición online GRATIS+entrega de 1kg de produto non perecedeiro ao recoller o dorsal. Dende o luns 7 de Novembro ata o Xoves 15 de Decembro, ás 23:59h.
CATEGORÍAS ABSOLUTAS
CAT PREZO PRAZO
F, G, H, I, J, K, Inscrición online 4€+entrega de 1kg de produto non perecedeiro ao recoller o dorsal os que teñan en propiedade o chip amarelo e 5€+entrega de 1kg de produto non perecedeiro ao recoller o dorsal os que non teñan o chip amarelo en propiedade . Dende o luns 7 de Novembro ata o xoves 15 de Decembro, ás 23:59h.
A inscripción se fará a través de :
www.championchipnorte.com
Para calqueira dúbida, chamar o teléfono 607515725 en horario de oficina.
"AGÁS CAUSA XUSTIFICADA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO SINALADO, NIN TAMPOUCO AS QUE NON CUMPRAN OS REQUISITOS OBRIGATORIOS"
PREMIOS
A entrea de trofeos realizarase a partires das 13:00h. Na zona de Saída-Meta Praza da Veracruz.
- Trofeos para os tres primeiros clasificados, masculinos e femininos, nas categorías D, E, F, G, H, I, J , K.
- Trofeo para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos.
+100Euros o primeiro/ra 75Euros o segundo/a 50Euros o terceiro/a, en Vales a canxear no establecemento Lamargha do Carballiño .
- Trofeo para os tres primeiros equipos clasificados.
- Trofeo ó/a primeiro/a carballiñés/a (Empadroado/a no concello do Carballiño). (o trofeo é acumulativo).
- Trofeo o/a de maior idade que remate a proba.
- Os trofeos non son acumulativos, salvo os indicados.
- As categorías D, E, F, G, H, I,J,K tamén recibirán un agasallo conmemorativo do evento. Tamén se está xestionando a posibilidade de sortear agasallos según a disponibilidad dos patrocinadores.
PREMIOS ÓS ATLETAS QUE REMATEN A SÚA PROBA:
- Medallas para para os participantes das categorías A, B, C e Special Olympics. Tamén recibirán un agasallo por determinar.
REGULAMENTO XERAL
1º) PROBAS: Celebraranse seis probas con percorridos e horarios diferentes segundo as categorías.
2º) As inscricións das categorías D, E, F, G, H, I,J,K pecharanse sin excepción ás 23:59 horas do 15 de Decembro e non se admitirán o mesmo día da carreira, agás causa xustificada.
3º) Ós participantes das categorías A,B,C,D,E,F,G,H,I,J,K facilitaráselles o dorsal e chip correspondente á súa categoría, debendo colocalo para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.
4º) Ós participantes das categorías SPECIAL OLYMPICS facilitaráselles o dorsal correspondente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.
5º)Sortearanse agasallos donados por colaboradores según disponibilidade e da maneira que cree oportuna a organización. Todos estes agasallos entregaranse só o día da proba, todos aqueles agasallos que non sean recollidos o día da proba non se entregarán.
6º) Ó longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
7º) O control de chegada da Proba Absoluta pecharase 40 min despois de que chegue o primeiro clasificado.
8º) A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios e fisioterapeuta.
9º) A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
10º) Duchas: Na instalación deportivas da Uceira, con autobús dende a Veracruz , (Zona de saída/Meta).
11º) RESULTADOS: en
www.correrengalicia.org e Championchipnorte.com
12º) Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
13º) Todos os corredores co feito de anotarse na carreira fanse responsables de acatar dito regulamento e o seu descoñecemento non exime do seu cumprimento.
A ORGANIZACIÓN : CONCELLO DO CARBALLIÑO
COLABORAN: ATLETISMO ARENTEIRO E KORPORE CARBALLIÑO
Enlace inscricción:
championchipnorte.com/...carballino