Lun, 28 Nov 2016, 7:58
Asunto: Re: III Romaría Vikinga 10K
A verdade e que recordo do debut desta proba no 2014 é moi bo. Daquela foi a miña primeira carreira, e non sabía como era o nivel, pero xa me parecía excelente, o tempo mo confirmou.
Este ano, foi todo perfecto, con detalles difíciles de superar.
A 500m da saída se ten todo, entrega de dorsais, aparcamento, duchas, auditorio para a entrega de premios.
Rúas cortadas con tempo, voluntarios a centos..
Varios puntos de cronometraxe, ambiente musical e festivo o 100%.
O chegar a meta unha zona para o corredor con unhas 50 cadeiras para descansar, quitarse o chip... e despois ir saíndo con calma a tomar o avituallamento.
Tamén fotógrafos oficiais da organización, con fotos subidas o momento.
Bolsa do corredor impresionante, avituallamento post carreira, e pizza e cervexa.
Medallas para todos os cativos, e Premios para os 3 primeiros de cada categoría. Vai premios orixinais, ademais de que o do casco de Vikingo é unha pasada.
En serio, nivel organizativo de 10.
Un pracer poder coñecerte Vikingo, transmite os nosos parabéns os que tiveron algo que ver coa carreira.
Esta proba naceu para quedarse.
Unha fixa no calendario.