Mar, 29 Nov 2016, 21:56
Asunto: San Silvestre Santiago (31/12/2016)
Boas noites amig@s.
Dentro do programa Saudable "San" en materia de running do Concello de Santiago de Compostela, está a carreira San Silvestre do 31 de decembro.
Anunciamos a celebración da mesma o sábado 31 de decembro a partir das 18.00 horas con cambios importantes en relación a varios aspectos pero sen perder o ambiente festivo característico da proba.
Este ano haberá un circuito máis longo debido a cantidade de atletas que o pasado ano participaron. Volcaremos todos os esforzos en realizar unha proba rápida, divertida e cun fermoso circuito. A saída e meta estará ubicada na praza do Obradoiro.
En breve máis información. Apertura de inscricións o vindeiro venres na Gala do V Circuito de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan 2016.